A presión social obriga a Carrero a descartar o novo emprazamento do punto limpo

Anxo Baz (BNG): “A improvisación e a incompetencia deste goberno obrigan a cambiar por segunda vez o emprazamento do punto limpo”

A presión da veciñanza obriga a Carrero e o seu goberno a dar marcha atrás no seu intento de emprazar o punto limpo na rúa Maceiras. É a segunda vez que este goberno ten que suspender o cambio de ubicación do punto limpo. A primeira vez xa tiveran que paralizalo porque fixeron un proxecto para construílo en terreos que eran propiedade do Concello do Rosal.

O portavoz do BNG, Anxo Baz, manifestou “Carrero non ten criterio e cada día que pasa dá unha mostra máis da súa incompetencia. A primeira vez fixo un proxecto para colocar o punto limpo nuns terreos que non eran da Guarda e agora compra outros terreos que non son os idóneos para unhas instalacións destas características que atoparon unha forte oposición veciñal que os obrigou a paralizar novamente o traslado do punto limpo”.

O nacionalista tamén indicou “ Carrero dilapida os cartos dos guardeses e guardesas sen criterio de ningún tipo. Nesta ocasión van malgastar cerca de 40.000€ nuns terreos que non teñen utilidade para o concello. Estamos diante dun goberno sen proxecto, sen dedicación que anda dando tombos dun lado para outro e que reduce a súa acción de goberno a ocorrencias deste tipo que tratan de disimular cunha campaña permanente de publicidade ”

Primer comentario

Deixa a túa opinión