
O deseño baséase en palabras en galego cun denominador común: sentimentos ou sensacións positivas que pode provocar un agasallo, tales coma gratitude, ledicia, ánimo, simpatía, sorriso, tenrura ou benquerer, entre moitas outras
Tomiño, 28 de xullo de 2022
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Tomiño, lanza unha campaña para que os comercios da vila utilicen un papel de agasallo con palabras en galego.
Con esta finalidade, o servizo procedeu á entrega de resmas de papel ás casas comerciais que venden produtos susceptibles de agasallar.
O deseño baséase en palabras en galego cun denominador común: sentimentos ou sensacións positivas que pode provocar un agasallo, tales coma gratitude, ledicia, ánimo, simpatía, sorriso, tenrura ou benquerer, entre moitas outras.
“A campaña o que pretende, evidentemente, é fomentar o uso do galego. Anteriormente fixemos outra con pegatinas e este ano cambiámola polas resmas de papel”, explica Ani Fernández Carrera, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.