Abandonamos hoxe momentaneamente a guerra con Portugal porque a actualidade do descubrimento dun interesante documento relacionado directamente có que fora Alcalde de Salvaterra cando o golpe de Estado así mo parece.
Fagamos antes, non obstante, un percorrido pola que foi a súa peregrinaxe dende que se “rispou das gadoupas da morte” en Salvaterra.
Hoxe teño máis claro que trala intervención, directa ou indirecta, na fuxida de Mariño de persoeiros coma José Bértolo (mestre en Cillarga, Ponteareas), do médico Arturo Queimadelos Barros de Esquerda Republicana, de Carlos Suárez Orxe xefe local da Falanxe e do falanxista do Lodeiro Alfonso González Troncoso, (ex Xuiz de Paz durante a República), que conseguiron que Mariño pasara a fronteira pola illa grande da Fillaboa, primeiro a pé, logo nunha embarcación que ben puido ser a piragua do fillo de Queimadelos.
Dous cambistas de Monção (tal vez un fora un tal Francisco Estéves) fixeron xestións coa policía portuguesa, para que non puxeran impedimento a súa estadía en Portugal. E así foi como se abriu o Proceso nº 925/36 e a conseguinte Biografía Prisional, existente no Arquivo da Torre do Tombo en Lisboa, fondo da PIDE (policía política portuguesa), folio nº 3655, “Entregue pela Guarda Fiscal deu entrada no Posto de Monção em 05-08-36, motivo entrada clandestina em Portugal, recolhendo á Cadeia Civil da Comarca de Monção. Transferido para a Delegação do Porto em 28-08-36. Transferido para esta Cidade (Lisboa) em 31-08-36, recolhendo a 1ª Esquadra. Embarcou para Tarragona em 10-10-36.”
Detido polas autoridades portuguesas, non foi devolto de inmediato a Galiza, como era habitual, senón que tras estar varios días detido en Monção, foi levado ó Porto e de aí a Lisboa, o forte de Cajias. Alí, el que estaba moi acostumado a escribirse cos Directivos da Asociación de Residentes en Salvaterra de Miño en Bos Aires, pediulle axuda a D. Manuel Puente, natural de Oleiros, o Presidente.
A axuda tardou en chegar pero chegou, en forma de Escudos portugueses, que contribuíron a sufocar a situación inmediata de miseria na que se encontraba. Eran moitos os fuxidos refuxiados en Portugal, os que fuxían polo norte vindos de toda a Galiza e Sanabria, e os fuxidos das bestialidades do exército golpista na Extremadura. Daquela o Embaixador da República en Lisboa, Salvador de Madariaga, fretou un buque no que embarcaron uns 1500 refuxiados cara a Tarragona.
Xa a salvo e despois de moitas vicisitudes, entre outras non poder trocar os escudos en pesetas, primeiro arrimou a unha unidade militar, logo nunha pensión que non podía pagar ata que lle chegou de novo axuda de Bos Aires en pesetas. Pasou un tempo traballando en Reus, no aeródromo militar, “protexido” por un piloto pontareán. Escribe dende esta cidade a carta onde se laia amargamente do feito de se encontrar seu fillo maior loitando forzoso no exército franquista, polas terras de Aragón, “contra mis ideas y las suyas propias”. Alí sufriu as consecuencias dun durísimo bombardeo aéreo da aviación italiana do que saíu ferido. Recuperado das feridas, o seu valedor pontareán pasou a zona de Valencia e el desprazouse a Barcelona onde traballou na intendencia militar xunto a outros colegas da zona do Condado.
Trala caída en febreiro do 39 da fronte de Aragón e o conseguinte avance cara a Cataluña das tropas franquistas, Mariño que xa tiña 58 anos, iniciou unha penosa retirada deica o norte, a procura de cruzar a fronteira francesa, chegou a Girona a pé, logo a Figueres nunha camioneta e de alí, canda outros moitos, outra vez a pé ata Cerbere, primeira localidade francesa, após a vila catalá de Port Bou. Nun tren leváronos a vila francesa Brive-La-Gaillarde, a uns 100 kms. de Burdeos. Como el di dirixíndose os valedores de Bos Aires…. “Estoy en un refugio, no sé qué tiempo me dejarán estar aquí o lo que harán conmigo. Por eso ruego a esa Sociedad tome, o con urgencia esa Comisión Directiva, un acuerdo sobre mi Situación Angustiosa, pues Uds. que nunca me han abandonado no me abandonarán ahora en este crítico momento. Ayer escribí al amigo Puente y Grandal, (directivos da Sociedade) dándole conocimiento de cómo estoy.
De momento necesito algunos Francos, yo pesetas tengo pero aquí de momento no le dan valor, trataré por todos los medios de ver de hacerme entrar a esa (Bordeaux?) hasta ver en que para toda esta tragedia, aquí no se puede uno desenvolver para nada, primero que uno no comprende el idioma y además es un pueblo que no hay organizaciones de ideales, por lo tanto espero que me contesten enseguida y me mandéis como arriba indico algunos Francos, por giro aquí al Banco de Francia, pues para este franqueo de sellos tuve que pedir por aquí como pude, ¡qué vida más horrible esta!…”
A novidade que teño hoxe, froito de investigación, na que interviron terceiras persoas, boas e xenerosas, é que grazas a iso caeu nas miñas mans a seguinte carta inédita asinada por Mariño, (por razón de espazo vou abreviala):
Está asinada por Mariño en Brive-La-Gaillarde o 29 de Marzo de 1939, vai dirixida o Excmo. Sr. Don Narciso Bassols, Ministro dos Estados Unidos Mexicanos na Franza, dí así;
“… me permito molestar su atención para comunicarle que ha llegado a mi conocimiento los buenos propósitos que animan al Gobierno de su digna representación en este país, para acoger en territorio Mexicano a los Refugiados Españoles, cuya intervención en las instituciones del Gobierno de la República Española les impide volver a la patria sin riesgo de perder la vida.
Por mi conciencia política y obediencia al Gobierno de la República, en el desempeño de los cargos que se me confiaron, tuve que salir de (la) España fascista, para incorporarme a la legalidad constituida por la voluntad mayoritaria del honrado pueblo español, a fin de continuar sirviendo a mi Patria y a mi causa, lo cual he hecho con entusiasmo, honradez y cariño, durante los dos años y medio de guerra transcurridos.
Hállome pues, entre la gran legión de Refugiados Españoles, cuya lealtad a los poderes Republicanos Constituidos, constituye hoy un delito de alta traición, que Franco se cobra con la vida.”
En tales circunstancias, Excmo. Sr. Ruego a V. E. se digne dar por presentada mi solicitud para radicarme en México o bien se sierva ordenar me sea enviada la solicitud oficial de rigor, en este caso la remitiré nuevamente a la Delegación que tan dignamente desempeña, con la mayor brevedad posible…”
Como xa contei noutro artigo, a saída foi meses despois pero cara a Bos Aires.
Salvaterra de Miño a 05 de Maio de 2026