Tino Lago, G.Figueiredo e Marcos Santos

Ao longo da historia a enseada de San Simón foi unha inmensa fonte de riqueza para milleiros de persoas que se alimentaban do que producía, e que vivían da venda do marisco que extraían das súas praias e das súas augas.

Porén a situación actual do sector é enormemente grave. A enseada apenas produce, en consecuencia o número de mariscadoras baixou moitísimo, pois os ingresos que obteñen polo seu traballo non son suficientes para poderen vivir con dignidade da mesma profesión da que viviron moitas xeracións anteriores.

Asemade o relevo xeracional é case inexistente. Ninguén quere enfocar a súa vida nunha profesión que non lle asegure poder vivir dela. Xa que logo non é moi difícil de concluír que: Se a produción de marisco descende substancialmente, e se non existe relevo xeracional para as poucas mariscadoras que aínda hoxe continúan a exercer a súa profesión o futuro do sector non pinta nada ben. Incluso podería ser que, se a administración non se implica o suficiente, non exista futuro.

Algúns datos que convén coñecer para facerse unha composición de lugar sobre a gravidade do problema:

-No 2009, cando o PP chega ao goberno da Xunta, había máis de 4.000 mariscadoras a pé en Galicia. Hoxe apenas quedan 2.000, moitas delas de idades xa preto da xubilación. O relevo xeracional case non existe

-Cando o PP chega á Xunta no 2009 as embarcacións de pesca de baixura superan as 5.000.Hoxe xa baixan de 4.000.Arredor de 1.000 embarcacións menos en 17 anos supón a perda dunha embarcación cada seis días.

O deterioro do sector é polo tanto evidente.

Cales son as causas?

Probablemente o deterioro da enseada obedeza a unha combinación de factores: O cambio climático,baixa salinidade da auga, aumento da temperatura, auga doce, estruturas humanas( como por exemplo as escolleras) que desprazan as correntes, contaminación das augas, regulamentos estritos cando non absurdos, sobre explotación de recursos, a introdución dunha especie invasora como a ameixa xapónica( sobre esta última cuestión existen opinións de todo tipo, hai no sector quen considera que é un problema, e hai que considera todo o contrario, que é unha solución…..)

En calquera caso as cifras da propia Xunta indican que a caída da produción da ameixa autóctona, a ameixa babosa, nos últimos 25 anos supera o 75% con picos que incluso chegaron ao 85%, polo que a situación de colapso da ameixa propia de Galicia é máis que evidente.

E as solucións?

Con eses números a administración competente, a Xunta de Galicia, non pode mirar a outro lado. Algo ten que estar a facer moi mal para que un sector tan importante, que ao longo de toda a súa historia deu de comer a milleiros de persoas, estea a esmorecer. É necesario que a Xunta poña dunha vez toda a carne no asador para facer un estudo rigoroso de cales son as causas que provocan a desfeita e poñer de inmediato enriba da mesa todos os recursos necesarios para tratar de reverter a situación.

Para coñecer o punto de vista das persoas directamente relacionadas co sector puxémonos en contacto coas 3 confrarías da enseada: Arcade, Redondela e Vilaboa, coa intención de entrevistar aos seus patróns e patroa maiores( Redondela) Agradecemos a Nisi, a patroa maior de Redondela e a Jesús, o patrón maior de Vilaboa a súa atención, e lamentamos profundamente que o patrón de Arcade fixera caso omiso aos nosos intentos de falar con el.

Contactamos tamén cun colectivo de mariscadoras de base de Redondela coas que foi un pracer conversar, e coñecer os seus puntos de vista sobre o sector.

Velaí van as nosas conversas con todos eles.

Nisi é unha muller de Redondela que xa ten dúas décadas de experiencia nisto do marisqueo. Ela é a patroa maior da confraría de Redondela desde hai dous anos e unha voz autorizada para contarnos a súa opinión sobre o sector.

Son de Redondela de toda a vida, do barrio da Portela. Levo arredor de vinte anos como socia da confraría e de patroa maior levo dous anos. Son mariscadora de a pé.

É unha situación desesperante, mesmo catastrófica. Non sabemos con certeza por que ocorre pero hai moitos factores que están influíndo e o certo é que os fondos da ría deixaron de producir. Estamos nunha situación moi preocupante porque un espazo que sempre foi moi produtivo agora practicamente non produce.

Supoñemos, e case poderiamos aseguralo, que é consecuencia da suma de moitos factores. O cambio climático, a contaminación e outros factores ambientais como os temporais meteorolóxicos están impedindo que o mar produza como debería.

Probablemente tamén, poderíase facer algo máis do que se fai.

Hai moitos estudos feitos sobre o que está a pasar e por que o mar non produce, de como afecta o substrato ou mudan as correntes mariñas, pero o primeiro que debería facer a Administración é realizar unha análise rigorosa das causas desta perda de produtividade. Unha vez que se coñezan todas esas causas, haberá que buscar solucións inmediatas, se son as depuradoras as que están contaminando, haberá que arranxalas, por exemplo. Agora mesmo estamos agonizando.

Cada vez menos. Agora mesmo seremos sobre sesenta, hai anos eramos moitas máis, cando eu entrei hai uns 20 anos eramos 352.

Porque non hai relevo xeracional. Cando este traballo xa non permite levar un soldo digno para a casa, é imposible atraer xente nova.

É bastante elevada, de máis de cincuenta anos.

Non. Practicamente non entra ninguén, hai meses que non nos quedan nin 200€ libres para levar para casa. Iso significa que, se nada cambia, o oficio corre o risco de desaparecer.

A ameixa xapónica é a que nos está salvando nestes últimos anos. O Berberecho desapareceu completamente pola marteilia no 2013 e non temos maneira de recuperalo.

Si. Da ameixa fina queda moi pouca e estamos intentando recuperala, a babosa desapareceu e estamos intentando recuperala polo que suspendemos a súa extracción durante máis dun ano e aumentamos as tallas mínimas para favorecer a súa reprodución.

Non está claro. Pode ser ou pode non ser, pero non hai evidencias concluíntes ni ningún estudio que o certifique.

Tamén baixou considerablemente, cando a xente se xubila non conta con relevo no mar. De máis de cen embarcacións, agora no pasan de vinte.

A título persoal, penso que nunca volverá ser como antes se non se toman medidas urxentes, como patroa espero poder recuperar algo de actividade.

Hai moitos factores que están afectando ao ecosistema. Habería que mellorar o funcionamento das depuradoras, controlar todas as fontes de contaminación, estudar con rigor a influencia dos depredadores como as ouxas que se comen a ameixa e analizar todos os elementos que poden estar condicionando a produtividade da ría e os nutrientes e controlar a situación das bateas. O importante é actuar con rigor.

E bastante boa.

Si, sempre que todas as administracións se impliquen de verdade. Se se investigan as causas e se toman medidas urxentes, aínda estamos a tempo de tomar medidas inmediatas para implicarse cun sector que o longo de tantos anos deu traballo a miles de mulleres da nosa área de influencia, podamos recuperar a produtividade da enseada de San Simón e seguir existindo.

Jesús é un mozo de Santa Cristina de Cobres, que malia que é novo en idade,só ten 37 anos, é xa un veterano traballador do mar. El é o patrón maior da confraría de Vilaboa e nós conversamos con el para coñecer a súa opinión sobre a situación do sector.

Son de aquí, do Concello de Vilaboa, concretamente de Santa Cristina de Cobres de toda a vida. Teño 37 anos

Levo traballando no mar vinte anos, comecei moi neno.

Si. Meu pai xa traballaba no mar, o barco que teño era del, tamén meus avós xa traballaban na enseada.

Desde hai moi pouco tempo, uns dous ou tres meses que se xubilou a patroa maior. En breves hai eleccións e acordamos en xunta xeral que cubrira eu o posto ata que se celebren .

Aínda non sabemos.

Se se compren certas casuísticas hai esa posibilidade, si.

Aproximadamente uns cen socios contando os bateeiros. No marisqueo a pé, son unhas 56 persoas, xente que traballa nas embarcacións, unhas 15 persoas.

Crítica.

Si. Hai xubilacións e algunha incapacidade permanente e baixas que se convocan esas prazas a través da Xunta e se cobren. Cando na asistencia técnica da confraría di que o recurso non dá para cubrir esa baixa, a praza xa non se convoca.

Quere dicir que non hai a suficiente ameixa para as prazas de mariscadoras. Agora mesmo temos o marisqueo parado porque o informe dá negativo. Imos firmar un convenio coa Xunta para rexeneración dunha das praias e centrarnos en recuperar e rexenerar as praias.

A flote non están saíndo ben as cousas. A pé temos demostrado con datos da confraría que pode funcionar.

Hai que facer limpezas, lavados, mover o terreo, sementar, isto é importantísimo. Estamos facendo estudos para comprobar que os depredadores son un alto causante da mortandade que hai, a parte da auga doce e riadas.

As ouxas, son as raias que teñen pinchos.

Si, entran dentro do convenio que imos firmar coa Xunta, aínda que xa se facían antes. Neste convenio vaise facer vixilancia, rexeneración e limpeza.

Hai moi pouco, levamos anos cun problema coas crías que cando medran morren antes de chegar ao tamaño comercial.

Non, conviviron durante anos e antes non había problema.

Non, todo o contrario.

Porque foi unha solución, vivimos grazas a ela moitas persoas do sector. Eu recordo a ameixa xapónica desde que son neno, non a considero unha especie invasora.

Non, en épocas de bonanza había ameixa fina, berberecho e xapónica. Antes había de todo e agora non hai de nada.

Non, as embarcacións hai anos si tiveron baixón porque non se cubrían as prazas das persoas que se xubilaban, pero desde hai un tempo isto xa non ocorre, mesmo temos máis embarcacións de xente que ven doutras confrarías ou xente nova que se une ao sector.

Porque unha cousa é a situación xeral da Ría de Vigo e outra moi distinta é a da enseada de San Simón. Na ría, en conxunto, a situación pode ser aceptable e podemos traballar en toda a ría, ábrense uns bancos e péchanse outros. A zona na que se está traballando agora é a da Baiona, Cíes e Oia que parece que vai recuperando. Pero na enseada a situación é crítica. Acabamos de facer un rastreo e só se atopou unha Ameixa en tamaño comercial.

Non o sabemos. É unha mestura de varios factores como depredadores, auga doce, mortandade, contaminación. Un cúmulo de circunstancias varias que fai que esta situación sexa tan crítica.

Nin ben nin mal, pero podería facer máis.

O que fai falta é investir máis para mellorar a situación. O recurso é deles, nós somos os beneficiarios aos que lle conceden os permisos para poder traballar. Si que non temos queixa no interese que poñen, mesmo a nova conselleira veunos visitar cando foi nomeada no cargo para interesarse por como está a situación, pero falta investimento.

Boa. Hai colaboración e entendémonos ben.

Ana e Gloria son mariscadoras de a pé e Seve é mariñeiro e mariscador a flote, os tres son de Redondela e traballan na enseada de San Simón. Eles forman parte dun colectivo de turismo mariñeiro. Falamos con eles para coñecer a súa perspectiva sobre a situación do sector do marisqueo na nosa enseada.

Somos mariscadoras e mariñeiros que a través dunha iniciativa da UE e da comunidade autónoma galega formamos unha asociación de turismo mariñeiro. E o que facemos é rutas para amosar á xente o traballo das mariscadoras e dos mariñeiros para poder poñelo en valor.

Si, claro, esa é a nosa profesión. O que acontece é que o turismo mariñeiro só o pode exercer unha persoa que traballe no mar.

É o mesmo agás que hai algunha especie que só se pode recoller a flote. Por outra parte as mariscadoras a pé só podemos traballar a contorna do concello ao que pertencemos mentres que os que van a flote poden ir pola ría de Vigo.

Xapónica, fina, berberecho,longueirón e poliqueto. Non hai máis.

55.Hai 14 anos eramos 128.E chegou haber ata 300 mulleres mariscando, e s xa nos remontamos a hai moitísimos anos eran 1.000.

Si, claro. Estamos rexidas por un plan de traballo da Xunta que determina unhas cotas de extracción. Nós temos que enviar todos os meses o noso plan de traballo á Xunta que cho ten que aceptar. Eles levan o baremos segundo as mostraxes que fagan en cada zona.As cotas de extracción que nos permiten son unha miseria para nós

A acidificación da auga é o factor principal. Pero tamén hai outras razóns: A temperatura da auga, a falta de sedimento,a falta de correntes, a auga doce, a suba da temperatura da aug, a contaminación,os megabuques que entran na ría…As consecuencias de todo iso son devastadoras para a nosa enseada, tanto é así que nós mercamos a semente pero unha vez sementada non vai arriba.

Do berberecho case nos podemos ir esquecendo. A esa especie entroulle unha bacteria, probablemente por mor de todas esas circunstancias que antes mencionamos.

Non só na enseada, é crítica en toda Galicia. Todos os fondos de todas as Rías temos os mesmos problemas.

Son Augas de Galicia e Portos quen se deberan implicar en facer as actuacións necesarias para mellorar a situación da enseada. E non as fan porque non lle dá a gana. Para eles é máis importante o interese económico cá saúde do mar. Só vos vido que ollemos unha foto da praia de Cesantes de hai 20 anos e vexamos como está agora. Por que agora hai moita menos agora?..polas infraestruturas, moitas veces innecesarias, que fan, e máis que queren facer¡¡.Para nós sería moi importante que quiten arredor de 3 metros de escollera para que as correntes poida fluír.

Galicia é o único territorio que posúe as Rías, unha riqueza inmensa, pero parece que a todo o mundo lle dá igual.

Non, non temos. Por moito que o trate de vender a Consellería do mar, o certo é que non o hai. E non o hai porque non temos ingresos suficientes.

Agardemos que non, pero é necesario que a administración competente, a Xunta que é quen ten a competencia reverta a situación decontado.

Sentímonos abandonados pola administración, si. Non é que non conten con nós, é que nin sequera contan coa xente. De seguirmos así, chegará un momento en que en Redondela non haxa praia.

Si, pero non se está cumprindo.

Porque non hai ningún tipo de control sobre vertidos, fondeos, pesca….

Todo o que supoña pór en valor o noso traballo parécenos estupendo. Este proxecto nace da idea da colaboración entre mundos distintos, administración ciencia e arte, para tratar de mellorar a situación da enseada de San Simón. E nós temos moi claro que se se consegue, só pode ser a través da colaboración.