- A carpa instalada para este evento tivo un custe de 4.000 euros, que incomprensiblemente saen da partida de Servizos Sociais dedicada ás persoas maiores.
- A este custo hai que engadir o do persoal municipal que foi destinado á limpeza do interior da carpa, á colocación de valados e aos cadros eléctricos.
- Lonxe de rectificar, a alcaldesa a micro aberto afirma que se pretende repetir en 2027.
6 de xullo de 2026.
Na carteleira do evento figuraba que era financiado pola Deputación de Pontevedra, algo que a institución provincial tamén terá que explicar, pero á veciñanza de Redondela esta ocorrencia non lle saíu gratis. Tal e como recoñeceu publicamente a alcaldesa Digna Rivas, o Concello asumiu o custo da carpa instalada no campo da feira,
4.000 euros, aos que habería que engadir o custo do persoal municipal para a instalación de valados, cadros eléctricos e mesmo o consumo de electricidade.
AER denuncia o despropósito inxustificable de dunha actividade totalmente fóra de lugar en Redondela, sen tradición, sen arraigamento, e en absoluto demandado pola veciñanza. A polémica deste evento xa comezou cando hai dez días aparecía en redes sociais o cartaz do evento, un ridículo deseño feito con IA que indignou a unha gran parte da veciñanza. Houbo protestas do comercio pola perda de estacionamento no campo da feira durante case unha semana, asociacións culturais e colectivos sociais que se sumaron á protesta por un acto que nada ten que ver coa identidade de Redondela.
Esta situación provocou malestar no tecido veciñal estes días atrás e continua causando polémica. Un fracaso absoluto no que o Concello de Redondela non tería que ter colaborado nin permitido a súa celebración, pois é inxustificable restrinxir aparcamento prexudicando o comercio local por mor dun capricho da Alcaldesa, unha capricho que paga toda a veciñanza.
Posiblemaltratoanimal
En plena alerta vermella de calor, remolques con cabalos a pleno sol aparcados no arcén da gasolineira de Santa Mariña: Máis alá da falta de sensibilidade cos animais por parte dos organizadores e colaboradores deste evento, hai que lembrar que en Redondela existe unha ordenanza municipal que prohibe o uso de animais en espectáculos públicos.
ResponsabilidadedaAlcaldesaDignaRivas
Dende AER solicitamos á alcaldesa de Redondela explicacións públicas que xustifiquen a colaboración económica neste fracaso anunciado, ou do contrario que depure responsabilidades, consideramos que a veciñanza de Redondela non se merece este tipo de xestión.
En AER consideramos que non pode aparecer calquera perosa ou organización pola porta da Alcaldesa es esta que diga que si a todo: a Feira de Abril é a gota que colma o vaso. O gasto público en festas estase facendo sen control mentres hai concellerías que estiveron dende febreiro a xuño sen apenas liquidez.
O gasto en festas non para, con espectáculos de case 20.000€ nas festas do Choco e da Coca, polo contrario os servizos públicos de obras, limpeza, parques, xardíns, áreas naturais… entre outros, estiveron case 4 meses sen poder adquirir materiais para prestar servizos á veciñanza, nin reparar os vehículos municipais, algúns deles parados no taller máis de 60 días.





