O pasado sábado 22 a vila de Redondela celebrou unha nova edición do seu famoso entroido de verán. Unha vez máis, e xa van 27, ducias de milleiros de persoas encheron as rúas da nosa vila de luz, alegría, cor e troula.
Este tipo de eventos, que atraen enormes cantidades de persoas, son moi meritorios pois nacen da idea dunhas poucas persoas, que con talento e esforzo, conseguen que algo que en principio puidera parecer unha excentricidade, celebrar o entroido no verán, teñan un enorme éxito, contribúan a aumentar as recadacións dos locais de hostalaría e logren inserirse na psique colectiva como unha das citas imperdibles do verán. Porén, non estaría de máis darlle unha pensada ao entroido de verán, só con ánimo de que sexa mellor, e a outra clase de festas semellantes, pois o que non pode ser é que durante e despois da celebración do evento a localidade na que se celebra se converta nun océano de lixo e porcallada, xerando importantes molestias á veciñanza para que poida desenvolver a súa vida normal.
En calquera caso a nós encántanos ver gozar á xente polas rúas de Redondela e, como cada ano, non faltamos á cita co mellor entroido de verán do mundo. Velaí vai a nosa reportaxe fotográfica desta 27º edición.



















Redacción de Redondela

