Grave perigo para a saúde do alumnado de Redondela

Perigo alumno de Redondela

É ben coñecido pola Consellería de Educación o estado de descomposición e erosión que presenta o amianto visible dentro das instalacións do IES Pedro Floriani e o CEIP de Cedeira.  Tamén o da a EEI de Cesantes que ten unha cuberta de amianto  Aínda que xa son anos advertindoo  no último consello escolar Municipal do 29 de marzo deste 2022  estando presente como representante da Consellería de Educación a inspectora Raquel Gómez Fuentes  o alumnado denunciou a presenza de po de amianto no Floriani
 

Pola nosa banda puidemos comprobar que tanto o IES Pedro Floriani  como o CEIP de Cedeira  como a EEI de Cesantes están cheos de amianto tamén coñecido como asbesto ou uralita  No caso do IES Floriani e o CEIP de Cedeira puidemos comprobar que está en moi mal estado pois dende que se construíron a principios da década dos 80  o amianto xa ten superado a súa vida útil polo que é friable  é dicir que estándescompoñéndose  As consecuencias de que un alumno ou alumna teñan a mala sorte de respirar unhas poucas de estas fibras microscópicas poden ser letais  Na EEI de Cesantes só puidemos ver a cuberta dende lonxe sen acceder a ela  Aínda así  tamén esta alí dende a década dos 80 superando a súa vida útil polo que é imperativo á súa retirada


 Ninguén dubida da toxicidade do amianto  xa en 1977 a OMS declarouno canceríxeno de clase 1  a máis perigosa  A exposición ao amianto desemboca nunha mortalidade silenciosa  xa que a enfermidade se sufre 30 ou 40 anos despois de telo respirado  Como afirma a OMS  dá igual o tempo no que a persoa estea en contacto coa sustancia  un minuto bastaría para que unha das partículas penetre no interior do organismo e comece a xestar durante décadas un mesotelioma  un cancro asociado exclusivamente ao amianto cunha mortalidade do 100 Non existe ningún tratamento  e o tempo promedio de vida desde que se diagnostica é duns 15 meses  Ademais  as partículas de amianto son responsables de entre o 15  e o 20  dos cancros de pulmón que se detectan en España  o que pon en evidencia a gravidade do problema

 Pese ao perigo para o alumnado de sufrir unha morte silenciosa dentro de 30 ou 40 anos por ter respirado unha mínima dose  nin o Xefe Territorial en Pontevedra da Consellería de Educación  César A Pérez Ares  nin tampouco a Subdirectora Xeral de Construcións e Mantemento da Consellería de Educación  María Jesús López López nin tampouco o Secretario Xeral Técnico  Manuel Vila López  nin finalmente o Conselleiro de Educación  Román Rodríguez González teñen tomado  que saibamos  decisións para eliminar definitivamente este gravísimo perigo para a saúde do alumnado  Para nós isto constitúe unha gran irresponsabilidade e desprezo á saúde pola súa parte  Non é a primeira vez  no 2017  en Sada  as familias negáronse á que os seus fillos e fillas acudiran ao CEIP Ramón de la Sagra cando a Consellería de Educación procedeu a retirar o amianto en período lectivo  mentres acudían a clase  Esta temeridade repetiuse recentemente nalgún centro educativo da provincia de Pontevedra

 Ao contrario que a Consellería de Educación  os equipos directivos do IES Pedro Floriani  CEIP de Cedeira e EEI de Cesantes están a traballar  e fan todo o que poden  para erradicar o Amianto pero non teñen os medios necesarios  Non está nas súas mans resolvelo completamente

Esiximos á Consellería de Educación a retirada inmediata  neste vindeiro período de vacacións de verán  de todo o amianto dos centros educativos de Redondela  Chamamos a todas as ANPAS de Galicia para que estuden e denuncien a presenza de amianto nos seus centros educativos Chamamos ao profesorado para que non admita traballar neste ambiente
insalubre  Chamamos aos sindicatos de ensino para que os comités de saúde laboral corten de raíz este problema  Chamamos ao partidos políticos para que esixan responsabilidades á Consellería de Educación  e finalmente chamamos a toda a sociedade civil para que se informe e mobilice pola erradicación total do amianto nos centros de ensino de Galicia