O voceiro do PP di que o centro de saúde e o Álvaro Cunqueiro non lle custa nada a veciñanza

Psdg psoe mos

O PSOE mosense reclama unha xestión 100% pública no futuro centro sociosanitario do Rebullón co voto en contra do PP.

No derradeiro pleno, tivo lugar o debate da moción presentada polos socialistas que pedían unha xestión pública para o futuro do Rebullón. Tanto na parte da rehabilitación do edificio coma na xestión sanitaria. Moción que xurde a raíz de ser coñecedores de que a Xunta aínda non ten redactado o proxecto a pesares de vir Feijoo fai semanas a presentar a idea.

O PP local mostrou nerviosismo, din dende a bancada socialista, xa que pretendeu facer unha defensa da política sanitaria da Xunta para xustificar a falta de investimentos en Mos, postura que deixou retratada a falta de compromiso ca sanidade pública. Tanto foi así que o tenente de alcalde afirmou que tanto acudir o centro de saúde coma o Álvaro Cunqueiro non supón custe ningún para a veciñanza, cuestión que non foi desmentida por parte da alcaldesa a pesares de ser unhas declaracións desafortunadas.

O acalorado debate no que os socialistas dixeron que sempre van atopalos defendendo a sanidade pública, provocou a tensión tanto entre os concelleiros do PP como na propia alcaldesa que case expulsa a un representante socialista e con faltas de respeto ca bancada da oposición. Intervención na que en ningún momento afirmou que as futuras instalacións van ser 100% públicas.

A voceira socialista insiste en que van continuar reclamando que a xestión sanitaria do futuro complexo sexa pública, que o concello estude vías para un centro local para os maiores, un proxecto para unha nova vida útil no centro de saúde e que o actual edificio do Rebullón manteña a estrutura e elementos que fan que forme parte do patrimonio arquitectónico local. Alonso engado que non van permitir atropelos nin enganos por parte do PP, xa que consideran que a política do PP de privatizar non vai ter cabida en Mos e finaliza pedíndolle a actual rexedora talante e compromiso ca sanidade pública a pesares do seu voto en contra.