Xosé “Muxicas”
Ocorréuseme que sería bonito facer temas adicados ós distintos lugares dos que se fala en A Nova Peneira. Non prometo que a cousa vaia adiante pero para empezar … o primeiro que me viu á mente foi Mos.
E xa que as palabras, ó mesmo que a música, están aí para brincar con elas, (ou polo menos esa é a miña visión do mundo), decidín compoñer unha alborada, ritmo marabilloso do que me enorgullezo como galego e como gaiteiro. Unha alborada para os de Mos que, unha vez pasada pola trituradora da miña cabeza, quedou en “Alborada dos demos”. Polo seu constante xogo entre o modo maior e o menor, e porque reflicte un carácter marcado que creo se pode apreciar nos mosenses.
Porque xogar non debe significar perde-lo respecto. Mais ben ó contrario.
A brincadeira sempre debe triunfar sobre a tristura.


