O tempo de espera para ser atendidos por un facultativo ronda as 3 semanas

·2400 pacientes non teñen un médico de referencia

A Guarda, 1 de outubro de 2026. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda denuncia o empeoramento da atención sanitaria na localidade. Segundo a plataforma, as razóns desta diminución na calidade asistencial, débese a falta de cobertura de dúas prazas de medicina de familia, motivo polo que 2.400 persoas non teñen un médico de referencia.

A falta de médicos na Guarda hai que engadir a situación caótica que sofre o centro de saúde do Rosal con só unha médica en xornada completa e outra en xornada reducida, o que provoca a saturación das axendas dos profesionais guardeses, ao teren que atender ademais dos seus pacientes á aquelas persoas sen médico asignado da localidade e os que veñen do Rosal por motivo da carencia de persoal nese centro.

A situación é tan complexa que a día de hoxe o tempo medio de espera para ser atendidos ronda as 3 semanas na maioría dos casos. Un situación que dende a Plataforman califican de intolerábel.

A Plataforma en defensa da sanidade pública, esixe a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza a cobertura das vacantes da Guarda e do Rosal e anuncian que de non solucionarse nos próximos días esta situación chamaran a sociedade guardesa a mobilizarse para defender unha atención sanitaria digna.