No ano 2021, en plena ofensiva do PP contra a sanidade pública galega, pechando consultorios e minimizando os servizos de outros, un grupo de veciños e veciñas da área de influencia do centro de saúde de Seixo, en Marín,( Seixo, Santomé, Campo e Ardán) organizouse para defender o seu, que en aquel momento se atopaba en grave risco. A presión e a mobilización social constante da plataforma logrou solucionar os problemas que había no centro de saúde de Seixo, e agora mesmo funciona de maneira máis ou menos normal.

A plataforma estendeu as súas reivindicacións a Marín, pois o centro de Saúde da vila si que padece graves deficiencias e problemas moi serios, e manifestan a súa vontade de seguir permanentemente ao pé do canón ata que a sanidade do seu concello deixe de sufrir problemas.

Eu sinto debilidade por aquelo que dicía Bertolt Brecht de que as persoas que loitan toda a vida son as imprescindibles. Como fai Iria, a voceira desta plataforma, coa que foi un pracer conversar.

«A forza da sociedade civil organizada é imparable»

A plataforma nace en xuño de 2021, a raíz do conflito pola xubilación do doutor Martín e pola falta de substitución da súa praza. Tamén había problemas coas prazas de enfermaría, pois xa se xubilara unha persoa sen substitución tamén. Nese momento comezamos a organizarnos e a primeira reunión formal foi promovida por ACEMAS, a Asociación de Comerciantes Marinsur, xunto con outros colectivos, sindicatos e partidos políticos.

O que nos preocupaba era que non había ningún compromiso por escrito por parte da dirección do centro de saúde. Vimos que podía haber un problema serio e decidimos, na primeira xuntanza, mobilizarnos e formar a plataforma.

Si, pero dando moitas bandadas. A da primeira mobilización de xuño de 2021, fixemos outra moi importante na que reunimos máis de 3.500 persoas. Había moita preocupación polo futuro da atención sanitaria nas zonas rurais e polo risco de que os servizos fosen desaparecendo pouco a pouco, naquel momento pechou tamén a sucursal de Abanca de Seixo. Sabiamos do Centro de Saúde de Hío que non volveu abrir despois da pandemia e máis consultorios do Morrazo pecharan tamén.

A situación empeorou cando chegou o verán. O doutor Martín marchaba de vacacións antes de xubilarse e despois tamén se producía a ausencia doutro médico en agosto por vacacións, polo que se prevía que a atención médica quedase reducida a catro horas e un só facultativo. A mobilización foi moi importante e conseguimos que se atendese o problema.

Desde entón tivemos que volver mobilizarnos en diferentes momentos. En 2023 conseguimos unha substitución temporal cunha interinidade e en outono do 2024 conseguimos unha persoa fixa para esta praza valeira. En 2025 volvemos ter problemas coa xubilación do doutor Galeano.

Si. Cando se resolve un problema aparece outro. Coa xubilación do doutor Galeano, que chegara aos 70 anos, tivemos que volver a sacar as pancartas á rúa, facer concentracións e mobilizarnos. Finalmente conseguimos un médico temporal por tres anos.

Aínda que inicialmente a plataforma estaba máis centrada en Seixo, moitos servizos sanitarios están concentrados en Marín: pediatría, matrona, odontoloxía, fisioterapia ou as urxencias. Ademais, hai xente das parroquias que utiliza directamente o centro de saúde de Marín e isto provocaba unhas listas de agarda moi longas. Aquí comezaba a haber problemas tamén coas urxencias, non tiñan a cobertura médica suficiente, mesmo chegaron a pechar.

A partir de aquí vimos que había que ampliar as reivindicacións na defensa da sanidade axeitada ao centro de Marín e en todo o Concello. Aquí houbo unha mobilización moi grande no ano 2022 e posteriormente outras concentracións para reclamar unha atención primaria digna.

Exactamente. E logo veu o terceiro grande conflito. Foi pola xubilación de dúas prazas de enfermaría neste 2026. Foi outro proceso no que tivemos que volver reclamar a súa substitución.

Por iso dicimos que mentres haxa problemas na sanidade pública, a plataforma vai seguir loitando. En Seixo existe unha tradición asociativa moi importante desde a Transición. A creación da plataforma non foi algo casual. Hai unha conciencia de que cando se perde un servizo, despois é moi difícil recuperalo. Estamos vendo como desaparecen ou están en risco servizos fundamentais: o centro de saúde, Correos, a banca, as escolas, o cine… E todos están relacionados. Os servizos axudan a manter viva a comunidade e tamén teñen unha importancia económica, porque se hai actividade e xente utilizándoos tamén se sosteñen os comercios.

Por iso defender o centro de saúde é tamén defender a vida das parroquias e do rural.

Neste momento en Seixo as prazas médicas están cubertas. Temos dúas médicas e tamén están cubertas as dúas prazas de enfermaría. Pero iso non significa que todo funcione perfectamente. Hai citas para as que se pode chegar a esperar tres semanas en Marín, isto provocou que houbo xente que regresou ao médico de Seixo o que fixo aumentar a cota.

Ademais, tivemos unha situación especialmente complicada cando unha médico estivo de baixa. Chegamos a estar arredor de 41 ou 42 días sen substitución, o que provocou un verán moi difícil.

Agardamos que despois de setembro se poida recuperar unha certa normalidade.

Si. Houbo importantes problemas coas listas de espera e a decisión de eliminar as consultas ordinarias de tarde desde xullo, inicialmente ata polo menos o 1 de outubro, supuxo un problema moi serio.

Cando se reduce a atención ordinaria e se reduce o persoal, aumentan as listas de agarda e a xente acaba acudindo ao PAC ou ás urxencias. E iso fai que tamén se sobrecarguen eses servizos. É unha especie de círculo que acaba prexudicando tanto aos pacientes como aos profesionais.

Eu estou orgullosísima da resposta da veciñanza. A xente demostrou que cando se organiza pode conseguir cousas. Os problemas da sanidade pública non son inevitables nin irreversibles. Hai capacidade para cambiar as cousas se existe mobilización.

Conseguimos, por exemplo, que houbese unha nutricionista dous días á semana e tamén unha psicóloga clínica dous días á semana, compartida con outro centro. O noso obxectivo é que estes servizos poidan estar dispoñibles toda a semana.

Para nós son cuestións moi importantes porque falamos dunha atención sanitaria integral, non só de poñer médicos cando hai un problema.

Lembro, por exemplo, unha situación cun bebé que estaba tendo convulsións cando non había persoal médico dispoñible no PAC de Marín porque saíra a unha urxencia. Tivemos que esperar por unha ambulancia que viña de Pontevedra para poder trasladar a atención pediátrica ao Hospital Provincial. Son situacións que non deberían producirse e conseguimos recuperar dous equipos médicos nas urxencias.

Por iso é tan importante que a sociedade civil estea organizada. A forza da sociedade civil organizada é imparable.

Absolutamente si. É que a presión e a mobilización veciñal son os únicos camiños para loitar con expectativas realistas de éxito contra os abusos e as inxustizas. Nós así o procuramos facer en todo tipo de contextos, ata o punto de que cando veu o presidente Rueda mobilizámonos para amosarlle o noso malestar.

É que a plataforma e a veciñanza son a mesma cousa. Somos a sociedade civil organizada que procura contribuír ao ben común colaborando en todo o que podemos colaborar. Colaboramos con outras plataformas sanitarias do Morrazo e participamos en iniciativas diferentes. Por exemplo, estivemos recollendo sinaturas contra o aparcadoiro de pago no novo Montecelo e tamén colaboramos en actividades relacionadas coa saúde mental.

Estamos traballando con outras plataformas tamén, con SOS, co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co movemento de saúde mental e con profesionais do Sergas.

Preocúpanos moito a situación da saúde mental. Hai persoas que poden estar esperando un ano por unha cita con psicoloxía e tamén hai prazas de psiquiatría sen cubrir. Non podemos falar de saúde sen falar destas cuestións.

Desde logo que si. Non podemos separar unha cousa da outra. O desemprego, o traballo precario, o problema da vivenda, o aumento do custo da vida, do combustible ou da alimentación tamén afectan directamente á saúde mental das persoas.

Por iso consideramos fundamental que haxa psicólogos clínicos nos centros de saúde e que este servizo estea dispoñible durante toda a semana.

Tamén queremos abordar outras cuestións que están sobre a mesa, como o novo protocolo da Xunta para perseguir as baixas dos traballadores. Parécenos un protocolo moi preocupante e queremos analizar ben as súas consecuencias, buscan que as persoas non se poidan curar e se vaian á sanidade privada para deixar alí o seu salario.