Autor: Redacción A Nova Peneira

A loita de Giovanni pola súa identidade

Giovanni Peixoto é un rapaz brasileiro de 33 anos de idade e de profesión actor. El naceu en Sao Paulo froito dunha agresión sexual que sufriu a súa nai, cando tiña 17 anos, a mans dun home de 25. Estivo a piques de ser abortado e unha vez nacido moi cerca de ser entregado en adopción, pero cando viu a luz, a súa nai e a súa avoa conmovidas, decidiron que nunca se apartara das súas vidas

Ler máis

Segundo o PSOE Mos: o PP de Mos minte durante un pleno para tratar de ocultar as subvencións da Deputación para o festival “O Son Do Pazo”

O Goberno local de Mos cruzou un novo límite ético ao mentir abertamente á veciñanza durante o último Pleno municipal, no que chegou a negar a existencia dunha subvención nesta última edición de case 6.000 euros a través do programa de apoio aos festivais de música e de artes escénicas da provincia para o colectivo organizador do Festival O Son do Pazo. A colaboración da Deputación incluíu tamén a participación de grupos de música tradicional con cargo provincial Pontegal e, finalmente, a impresión da “cartelería”. Dita subvención tamén foi solicitada e concedida durante os anos anteriores.

Ler máis