Tildan de máis do mesmo ao novo proxecto do Celta

A Comunidade de Montes de Tameiga recibiu a representantes do Celta de Vigo

A Comunidade de Montes de Tameiga recibiu a representantes do Celta de Vigo, entre eles, Carlos Mouriño, presidente do club de fútbol, quen presentaron o “novo proxecto” de cidade deportiva en montes comunais das parroquias de Tameiga e Pereiras.

A xunta reitora de Tameiga entende que o novo proxecto non é máis que unha manobra para presionar á Xunta e ao Tribunal superior de xustiza de Galicia para conseguir legalizar polas “bravas” unha cidade deportiva que a Xustiza declarou ilegal en primeira instancia.

Tras a reunión, a Comunidade de Montes de Tameiga considera máis do mesmo ao novo intento do presidente do Celta, Carlos Mouriño, de facer negocio persoal mediante un pelotazo urbanístico coa recalificación de solo rústico de especial protección para facelo urbanizable.

Sinalan que se ben o novo proxecto minimiza o ámbito de actuación no monte de Tameiga ao reducir a parte comercial, continúa sendo un despropósito ambiental asfaltar e formigonar terreo forestal e ademais as traídas de augas comunais seguirían estando afectadas por esta actuación.

A Comunidade de Montes de Tameiga lembra que a actual cidade deportiva foi declarada ilegal pola xustiza e que aínda agora, varios anos despois da concesións da licenzas ilegais, o concello de Mos carece do plan de infraestructuras e dotacións deportivas necesario para esta actuación. Supoñen que toda esta manobra mediática é debido á que
está próximo o dictame do TSX de Galicia, o cal pode ratificar a ilegalidade da cidade deportiva construida en solo forestal.

Sinalan que é incomprensible que desde o goberno local, a alcaldesa segue aplaudindo e sendo complice dun proxecto urbanístico que a xustiza declaro ilegal tanto na súa construcción como no xeito que a xunta de goberno de Mos concedeu as licenzas. Semella que agora buscan que a Xunta de Galicia legalice polas porta de atrás todo este despropósito urbanístico antes de que o Tribunal Superior dictamine.

“Na Comunidade de Montes de Tameiga mandan así veciñas e veciños da parroquia. Foron moi rotundos cando votaron en asamblea, dixeron alto e claro que o monte é o primeiro que o monte non se vende”. Declara Cesar Lago, presidente da Comunidade de Montes de Tameiga.