Etiqueta: Ecoloxistas en Acción

Ecoloxistas en Acción presenta un contencioso contra a Xunta de Galicia por declarar a reapertura da mina de Touro como Proxecto Industrial Estratéxico só para sortear o rexeitamento ambiental

Ecoloxistas en Acción ven de presentar un recurso contencioso-administrativo co gallo de impugnar o Acordo formalizado polo Consello de la Xunta de Galicia polo que se declarou Proxecto Industrial Estratéxico á reapertura e ampliación da mina de Touro e O Pino

Read More

O Observatorio Ibérico da Minería, do que forma parte Ecoloxistas en Acción, documentou máis de medio milleiro de infraccións, a maioría asociadas a impactos ambientais ou a autorizacións ilegais. Andalucía e Galicia son os territorios con máis casos, con 24 e 21 respectivamente

Estes casos detallaranse no I Encontro Ibérico sobre os impactos sociais e ambientais da minería, que se celebrará do 12 ao 15 de outubro, organizado por Ecoloxistas en Acción e o Observatorio Ibérico da Minería

Read More

Ecoloxistas en Acción agradece a Rodrigo Sorogoyen o seu apoio na gala dos Goya ás comunidades afectadas polos parques eólicos en Galicia e recorda o seu forte impacto sobre os montes de Sabucedo e Campo Lameiro

Dous informes técnicos encargados por Ecoloxistas en Acción Galiza enviados á Administración autonómica inciden na importancia de rexeitar os proxectos Campo das Rosas, Porto Vidros e Touriñán III-2 entre os municipios pontevedreses da Estrada, Cuntis e Campo Lameiro e instan a anular as súas respectivas declaracións de impacto ambiental promovidos respectivamente nos dous primeiros casos por Naturgy e no terceiro por parte da enerxética Greenalia

Read More

Denuncian a tentativa de “lavado de cara lila” do lobby mineiro

Este mes de xuño o lobby mineiro organizará na Cidade da Cultura o Simposio Mujer y Minería un evento por todo o alto patrocinado pola Xunta de Galicia e no que os almorzos  aperitivos e ceas cóctel corren a conta de Cobre San Rafael  Strategic Minerals e ERIMSA todas elas empresas que veñen de ser sancionadas en múltiples ocasións por vulneracións ambientais

Read More

As novas guías de calidade do aire da OMS incúmprense na totalidade das cidades galegas

Ecoloxistas en Acción denuncia que nas sete principais cidades galegas superouse a nova directriz para o NO2 durante 2019, sobre todo en Vigo e Ourense. E a recomendación para PM2,5 duplicouse.
No Día Europeo sen Coches, Ecoloxistas en Acción pide aos concellos unha redución drástica e rápida do actual tráfico urbano en favor de peóns, bicicletas e transporte colectivo, se de verdade queren protexer a saúde da súa cidadanía.

Read More
Loading