
ECOLOXISTAS EN ACCIÓN DENUNCIA QUE A CÁMARA OFICIAL MINEIRA E O COLEXIO DE ENXEÑERÍA TÉCNICA DE MINAS CO PATROCINIO DA XUNTA USAN UN PRETENSO DISCURSO FEMINISTA PARA AMPARAR AS SÚAS DESFEITAS AMBIENTAIS

A ORGANIZACIÓN ECOLOXISTA SINALA QUE PARTICIPAN DO EVENTO EMPRESAS RESPONSÁBEIS POLAS POLÉMICAS MINAS DE TOURO SAN FINX VARILONGO OU PENOUTA TODAS ELAS SANCIONADAS POR INFRACCIÓNS AMBIENTAIS
Este mes de xuño o lobby mineiro organizará na Cidade da Cultura o Simposio Mujer y Minería un evento por todo o alto patrocinado pola Xunta de Galicia e no que os almorzos aperitivos e ceas cóctel corren a conta de Cobre San Rafael Strategic Minerals e ERIMSA todas elas empresas que veñen de ser sancionadas en múltiples ocasións por vulneracións ambientais
Por iso desde Ecoloxistas en Acción critican o vergoñento exercicio de purplewashing ou lavado de cara lila do lobby mineiro que se pretende usar un discurso pretendidamente feminista para amparar a destrución ambiental De feito no programa aparecen xunto cos cargos da Xunta representantes de varias empresas mineiras implicadas en procesos xudiciais ou sancionadores por infraccións contra o ambiente

De Rafaella Resources empresa australiana das polémicas minas de San Finx e Santa Comba que acumulan máis de media ducia de procesos xudiciais intervirán Susana García Sánchez e Ana Monteserín Losas mentres que por Strategic Minerals a empresa canadense que leva acumulados tres expedientes sancionadores da Confederación Hidrográfica do Miño Sil pola súa actividade na Penouta intervirá Elena Terreón García
Outras empresas como Cobre San Rafael responsábel polo fracasado proxecto de reapertura da mina de Touro tiveron que limitarse a participar co seu patrocinio ao teren un cadro de persoal totalmente masculinizado evidenciando o espectáculo vergoñento que supoñen estetipo de eventos
Desde Ecoloxistas en Acción reivindican a crítica ecofeminista ao extractivismo sinalando a íntima relación entre a degradación da natureza e opresión patriarcal ao consideraren que unhas vidas valen máis do que outras e que non teñen reparos en someter con violencia todo o que pretenda por límites á maximización do beneficio