Ecoloxistas en Acción comezou unha rolda de reunións coas forzas políticas e con distintos organismos da administración galega para presentar o seu informe sobre o estado da reciclaxe de metais.
A organización ecoloxista pretende pór na axenda política a necesidade de potenciar a minaría urbana ou de vertedoiro, xa que apenas se reciclan a maioría dos metais denominados críticos para o desenvolvemento da transición enerxética.
Ecoloxistas en Acción sinala que a sociedade non se pode permitir o custe ambiental que implica abrir novas explotacións mineiras cando metais como o cobre ou o ouro contida no stock nacional de baterías, vehículos e aparellos eléctricos supera á demanda estatal prevista para a fabricación das tecnoloxías de transición.
Ecoloxistas en Acción alerta de que crecente demanda de metais levou a iniciar multitude de novos proxectos mineiros en Galicia. En boa medida, ese aumento da extracción primaria xustifícase pola necesidade de proporcionar os materiais necesarios para a electrificación e descarbonización da sociedade, pero raramente considérase como esa mesma extracción primaria está a xerar novos e maiores problemas ambientais que se suman ao que se pretende solucionar, a crise climática global.
Sinalan que fronte aos novos proxectos de minería en Galicia como os de Touro, San Finx, A Penouta, Corcoesto ou Varilongo, a investigación realizada no seu informe conclúe que a cantidade para reciclar destes metais, contida no stock nacional de baterías, vehículos e aparellos eléctricos e electrónicos (AEE) pode satisfacer a demanda estatal prevista para a fabricación das tecnoloxías de transición analizadas.
De feito a concentración dalgúns elementos en residuos tecnolóxicos é moito máis elevada que a concentración nos xacementos minerais. No caso dun teléfono móbil intelixente, o ouro atópase 100 veces máis concentrado que nas minas de maior lei.que ten esta actividade sobre os territorios e as comunidades nas que se desenvolve.
Mediante esta rolda de encontros con políticos e altos funcionarios, Ecoloxistas en Acción pretende concienciar da necesidade de impulsar políticas industriais a prol da reciclaxe como condicionar a extracción primaria de metais á recuperación secundaria ou o impulso de solucións innovadoras de recuperación de metais. Sinalan que, de facelo así, a extracción secundaria podería xerar un volumen de negocio de 50.000 millóns de euros ao ano e que ademais é un sector moi intensivo en man de obra. Por ese motivo, é importante o desenvolvemento de medidas como condicionar a extracción primaria de metais á recuperación secundaria ou o impulso de solucións innovadoras de recuperación de metais.
Isto permitiría reducir a presión extractiva mineira, cos problemas ambientais que esta implica, e ademais frear ou impedir a incineración, depósito en entulleira ou abandono de metais con potencial de provocar danos ambientais. A organización ecoloxista recalca que así décadas que temos por diante son fundamentais para levar a cabo unha transición ecolóxica que transforme estruturalmente as nosas sociedades. Necesitamos un impulso que nos permita sistematizar a reciclaxe e aproveitamento de metas usados. Dar este impulso está na nosa man como sociedade.