
Nigrán. 11 de xullo de 2019
O Concello de Nigrán ven de instalar unha caseta para os surfistas na praia de Abra co obxectivo de que a poidan empregar como vestiario. A construción, realizada en madeira en consonancia coa quiosco de verán ao seu carón, foi demandanda pola propia comunidade surfeira, xa que este areal pegado a Patos é tamén frecuentado polos afeccionados a este deporte. Asemesmo, ubicouse ao lado das duchas para maior comodidade dos deportistas.