O fútbol en Gondomar

Concello de Gondomar A Nova Peneira

Gondomar é un concello do suroeste da provincia de Pontevedra. Forma parte da comarca do Val Miñor. Na actualidade está integrado administrativamente na comarca de Vigo. Atópase situado na contorna natural do val Miñor, entre a serra de Galiñeiro e a ribeira do río Miñor. Limita ao norte co municipio de Vigo, ao oeste cos de Nigrán e Baiona, ao sur cos de Tui e Tomiño e ao leste cos de Tui, Vigo e Porriño.

Do que imos falar hoxe deste fermosos e natural concello, é do deporte, concretamente do fútbol. Gondomar conta con catro equipos federados dos que de seguido imos coñecer un pouquiño.

CLUB DE FÚTBOL GONDOMAR

O equipo foi fundado en 1914 por un grupo de rapaces co nome de Gondomar Football Club, cando en Vigo existían xa o Vigo Foot-ball Club e o Real Club Fortuna. En 1917 mudaron o nome do equipo polo de Gondomar Sporting Club, constituíndose oficialmente ante o Goberno Civil de Pontevedra. Por entón aínda non participaban en competicións oficiais, senón en partidos amigábeis. Xa en 1922 o Gondomar SC e o Iris FC, outro equipo da vila, fundaron o equipo Miñor FC coa intención de federalo, máis pouco despois o Iris FC botouse atrás e fundouse de novo o Gondomar SC. O primeiro campo, na zona das Cercas, foi cedido por Gonzalo Fernández de Córdoba Quesada, undécimo conde de Gondomar.

Fútbol gondomar A Nova Peneira

En 1943 iniciáronse os trámites para construír o campo municipal das Gaiandas, inaugurado en 1944 polo presidente do club, Vicente Vázquez, e o alcalde do concello, Francisco Alborés. O equipo federouse entón co nome de Club Gondomar. Un dos primeiros triunfos acadados foi o campionato do Baixo Miño-Val Miñor, que lle permitiu disputar o título de Campión de Campións cos gañadores das fases celebradas nas outras comarcas do sur de Galicia. Venceu na final ao Coruxo FC.

Club de fútbol Gondomar A Nova Peneira

Logo de anos nas categorías rexionais, na tempada 1980-81 ascenderon a Rexional Preferente. Na tempada 1981-82 quedaron segundos e xogaron a promoción a Terceira contra o Meirás. Empataron na ida xogada en Ferrol e venceron 4-1 no encontro de volta con tres goles de Javier, o que permitiu lograr un novo ascenso. Logo de perder a categoría chegaría a recuperala anos despois. Na década de 1990 volveu xogar nas categorías rexionais, e despois logrou estabilizarse en Rexional Preferente. Nos últimos anos construíuse un novo campo nas Cercas.

A súa equipaxe consta de camiseta branca, pantalón azul e medias azuis e nesta tempada 19/20 compite en Segunda Autonómica Grupo 11.

FÚTBOL BASE GONDOMAR:

No ano 2002 o Gondomar CF creou fútbol base para todas as categorías, e unha escola de formación. Trátase dunha escola de alto rendemento, que atende unha demanda histórica do club e do Val Miñor.

Esta é unha escola de fútbol de alto rendemento, con técnicos profesionais e unha boa estrutura, para traballar desde a diversión, en beneficio da formación e a educación en valores. Unha escola diferente, alcanzable, amable, e con moitas actividades paralelas para regalar unha gran etapa, a pequenos e maiores. Conta con categorías dende Mini ata 3º Rexional en competicións de 15 Ligas a nivel Provincial participando en torneos de Torneos, Semana Santa e Concello de Gondomar.

As novas tecnoloxías permitiren un trato próximo coas familias, a súa realidade e as súas necesidades. Teñen unha liña telefónica e con WhatsApp, no 682 269 770, un teléfono fixo 986384445 e tamén se pode contactar a través do enderezo electrónico futbolbase@gondomarcf.com.

CLUB DEPORTIVO VINCIOS:

Club de vincios fútbol A Nova Peneira

O C.D. Vincios foi fundado en 1978 polos veciños do pobo. Ao longo destes anos o club xogou nas categorías de terceira autonómica e segunda autonómica, mesmo chegou a disputar unha tempada en primeira autonómica. A día de hoxe ou club conta con preto de 200 socios e socias cunhas instalacións propias provistas de bancadas, cantina, vestiarios, aparcadoiro e terreo de xogo de terra. Estas instalacións son moi importantes no pobo, xa que nelas se desenrolan varias actividades como o Cros de Santa Mariña con 25 edicións, un torneo de barrios no que participan tódolos veciños, e tamén realizáronse tres edicións do campionato galego de Enduro.

Club de Fútbol Vincios A Nova Peneira

Pódese contactar co club a través das liñas telefónicas 626668805 e fax 986469970, ou tamén no seu enderezo electrónico  cfvincios@gmail.com.

CLUB DE FÚTBOL DEPORTIVO CHAÍN:

O CCD Chaín fedérase por vez primeira no ano 1962, participando no Campionato de 1963, xogou a primeira xornada o 3 de marzo de 1963 no campo de “A Gándara” tivo como rival ao Gondomar CF e un 1-2 como resultado . Naquel momento, a carencia de instalacións obrigaba aos xogadores a cambiarse nas casas próximas ao campo, e a ducharse nun regacho. Nesta época o presidente era Fernando Bargiela, e os seus xogadores; Constantino, Roman, Belo, Dino, Dominguez, Molina, Julio, Xusto, Rebelo, Tarzan, Cambra, etc.. Ás dúas tempadas desaparece para volver renacer no ano 1975.

Un grupo de entusiastas melloran o terreo de xogo e constrúen os seus primeiros vestiarios. Aprobados os Estatutos, participa na tempada 1976/77 e queda clasificado en 7º lugar. Ao seguinte ano a Directiva crea equipos de alevíns, infantís e xuvenís, conseguindo tres ascensos e chegando a xogar na tempada 90-91 en Rexional Preferente, Grupo sur.

Como mencionei anteriormente, en 1975 construíronse os primeiros vestiarios, coa colaboracion de tódolos veciños, dotándoos con auga, corrente e colocando os primeiros focos para poder adestrar de noite. A última obra realizada no campo foi a colocación de herba artificial e remodelación das instalacións, obra realizada a traves do Concello de Gondomar pola Diputración de Pontevedra.

Club de Fútbol Chaín A Nova Peneira

O palmares do CCD Chain é para destacar, dada a humildade do club, comparándoo con moitos dos seus competidores, tendo varios titulos de liga en varias categorias, subcampeonatos e terceiros postos que levaron a ascensos respectivos.

Pódese contactar co club a través das liñas telefónicas 661537288, 628123356 e o fax 986335441 ou tamén no seu enderezo electrónico c.c.d.chain@gmail.com

O seu equipamento consta de camiseta branca con franxa azul, pantalón azul e medias brancas.

Actualmente compite en Segunda Autonómica grupo 11 de Vigo o primer equipo, 2ª Autonómica Cadete grupo 11 º de Vigo e 2ª Autonómica Infantil, grupo 13º de Vigo.

Club de fútbol chaín A Nova Peneira

Queremos agradecer ás directivas pla a información para poder elaborar esta reportaxe, sen elas non sería posible.

Sorte a todos estes equipos para que teñan unha moi boa competeción e consegan acadar as súas expectativas deportivas.