Jose Manuel Rodríguez Crespo. Membro da Asociación de memoria militar democrática
INFRINXE A LEI 20/2022 de 19 de Outubro, DE MEMORIA DEMOCRÁTICA (BOE 252 de 20 outubro 2022).
O Val Miñor, está composto por tres Concellos : Nigrán, Baiona e Gondomar, os cales á súa vez conforman o Arciprestado do Miñor pola unión do total das súas 22 parroquias. Nas paredes das súas igrexas inda se conserva simboloxía franquista, cuxo fin era lembrar permanentemente a vitoria dos sublevados sobre a República, xa que logo estaba colocada de xeito preeminente ó acceder ós templos.
- Tódalas placas ou baixorrelevos teñen a mesma estrutura, consistente nunha cruz coroada polo nome do fundador da falanxe, e debaixo e a ámbolos lados dos brazos da mesma, os nomes dos soldados ou falanxistas do bando sublevado mortos na guerra civil da devandita parroquia, e por baixo, pechando a inscrición, a palabra “presentes”.
CONCELLO DE BAIONA. Composto polas 5 parroquias de:
- BAIONA (Santa María de Fora de Baiona): SÍ TEN. Forma de baixorrelevo.
Na súa Igrexa na parede da cara N, nas escaleiras de subida ó templo.
- BAREDO (Santa María de Baredo): Non ten.
- BAÍÑA (Santa Mariña de Baíña): Non ten.
- BELESAR (San Lourenzo de Belesar): Non ten.
- SANTA CRISTINA (SABARÍS) (Santa Cristina da Ramallosa): Non ten.
CONCELLO DE NIGRÁN: Composto por sete parroquias.
NIGRÁN (San Fiz de Nigrán):
SÍ TEN. En forma de baixorrelevo esculpido na parede N do templo.
SAN PEDRO (San Pedro da Ramallosa):
SÍ TEN. Baixorrelevo esculpido no lado dereito da súa fachada principal.
CHANDEBRITO (San Xosé de Chandebrito):
SÍ TEN. Baixorrelevo esculpido no lado esquerdo da súa fachada principal. É o que se atopa menos gastado pola erosión de todas.
CAMOS (Santa Eulalia de Camos):
SÍ TEN. En forma de baixorrelevo esculpido no lado dereito da súa fachada principal.
PARADA (Santiago de Parada):
SÍ TEN. En forma de baixorrelevo esculpido no lado esquerdo de súa fachada principal.
PANXÓN (San Xoán de Panxón):
SÍ TEN. En Forma de placa de mármore na súa parede Sur. É a única igrexa do concello que non está en forma de baixorrelevo.
PRIEGUE (San Mamede de Priegue):
SÍ TEN. Baixorrelevo no lado dereito de súa fachada principal.
- CONCELLO DE GONDOMAR. Composto por 10 parroquias:
- GONDOMAR (San Bieito de Gondomar): NON TEN.
- VILAZA (Santa María de Vilaza): NON TEN.
- MAÑUFE (San Vicente de Mañufe): NON TEN:
- DONAS (Santa Baia de Donas): NON TEN.
- BORREIROS (San Martiño de Borreiros): NON TEN.
- PEITIEIROS (San Miguel de Peitieiros): NON TEN.
- VINCIOS (Santa Mariña de Vincios): NON TEN.
- MORGADÁNS (Santiago de Morgadáns): NON TEN.
- CHAÍN (Santa María de Chaín): NON TEN.
- COUSO (San Cristovo de Couso): SÍ TEN. É unha placa de mármore. Ven sendo a única igrexa de todo o concello de Gondomar que conserva placa. Nembargantes, parece coma se houbese sido retirada e volta a por, a xulgar polo actual sistema de suxeición, distinto do de catro pernos orixinais de fábrica.
BALANZO FINAL
Das 22 parroquias do Arciprestado do Miñor, 9 conservan inscricións de simboloxía franquista, xa sexa placa ou baixorrelevo. Salientar o feito (ignoramos o por que ) de que en TODAS as parroquias do Concello de NIGRÁN -as sete- consérvanse ditas inscricións e símbolos, malia que xa a anterior lei obrigaba a retiralas.
Das dúas restantes, só unha en BAIONA e a outra en GONDOMAR (sendo esta a máis sinxela de retirar por estar en forma de placa).
Comentar o feito de que nos baixorrelevos só e necesario borrar as palabras, non hai razón pra borra-la cruz, e que tampouco o borrado afecta a súa estrutura.
Finalmente lembrar que hai un prazo de seis meses establecido na propia lei pra retirada dos símbolos, so pena de incorrer en infracción moi grave.