Valoración de Marta Valcárcel Alcaldesa de Salvaterra dos seus 100 primeiros días de goberno

Ana Valcárcel Salvaterra A Nova Peneira

100 DÍAS DE GOBERNO – UN EQUIPO, UN PROXECTO

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño fai  valoración dos seus primeiros 100 días de goberno ao frente do consistorio.

100 días que deron para moito, un equipo que conta con caras novas, un equipo renovado e con moitas ganas, comprometido co seu pobo e que nestes primeiros 100 días empezaron a marcar a súa liña de  traballo.

Primando a educación, un ano máis concedéronse os premios á excelencia académica, para os mellores expedientes de primaria e secundaria con lotes informáticos e estadías en Inglaterra para as tres mellores notas de bacharelato. Realizáronse diversas obras de reformas nos centros educativos, mellorouse o acceso ao IES Salvaterra para incrementar a seguridade dos rapaces e rapazas que se desprazan todos os días e xestionouse o cambio de tellado do CEIP Carlos Casares. No eido da educación tamén se fixeron obras para acondicionar a aula matinal no CEIP de Leirado e empezáronse os trámites para a ampliación da Escola Infantil de 0 a 3 anos que permitirá  aumentar a oferta de prazas.

Por outro lado  solicitóuse e estase xa  a traballar na mellora da rotonda da PO 403 que da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte que une Salvaterra con Ponteareas. Adxudicouse a obra de mellora de firme do pavillón de Leirado, firmouse o contrato coa nova empresa que xestiona axuda a domicilio, xa xestiona máis de 2.700 horas mensuais. Rematáronse tres tramos de saneamento en Arantei e Fornelos,  melloramos a accesibilidade na Casa de Cultura de Salvaterra de Miño coa instalación dun salvaescaleiras,  adxudicarase nestes días as obras de arranxo de tres camiños en Lourido, Fornelos e Meder a través do Plan camiños da Xunta. Estamos tramitando o cambio de tellado e ventanas no antigo concello para empezar a preparar ese edificio para a biblioteca municipal, adxudicouse nestes días o proxecto Deporrense da Deputación para a instalación de reductores de velocidade nas estradas municipais, ademais da mellora de firme na PO 400 e asinouse un convenio coa Deputación para tomar medidas de mellora de eficiencia enerxética con diferentes accións como o cambio de alumeado no casco  urbán  e na Fortaleza por bombillas de led ou o cambio das caldeiras de gasóleo por outras de biomasa en diferentes edificios municipais.

Iniciouse tamén os contactos para a mediación e creación de polígonos agroforestais e aldeas modelos con Medio Rural e así frear o impacto que ten no noso municipio o abandono do rural.

Nestes días estamos tamén pondo en marcha unha campaña de sensibilización e educación no respecto ao medio ambiente, a través dos nenos e nenas do municipio, coa campaña Salvaterra Verde – Salvaterra Limpa, que intenta disminuir o impacto das bolsas de plástico no noso municipio.

100 días de traballo intenso, de reunións e novos proxectos que irán vendo a luz nos próximos meses.