
As Neves, 11 de novembro 2019
O Concello das Neves, coa colaboración da empresa ONE OAK,as Comunidades de Montes e ‘Voluntariado das Neves’, levará a cabo o vindeiro domingo, día 17 de novembro, unha nova xornada de plantación, a partires das 10 da mañá.
O obxectivo para este día é plantar 1.500 árbores ,entre Freixos e Vidueiros, na contorna do Camiño dos Pescadores. Con estas 1.500, serán un total de 10.000 árbores autóctonas, as que se teñen plantado en As Neves no último ano, doadas por ONE OAK, a través do seu proxecto RENACER.
Aquelas persoas que queiran participar, axudando a plantar estas 1.500 árbores, poden facelo anotándose neste link https://forms.gle/VwTDDbTV9Z1dkLcA6 .