O vindeiro martes día 3 celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que seguen a padecer en Galicia enormes dificultades para gozar dunha integración laboral e social efectiva
Compostela, 28 de novembro de 2019
O colectivo de persoas con discapacidade segue a ser en Galicia un dos que padecen maiores dificultades para o acceso á educación, unha taxa de pobreza máis elevada, maior incidencia das condutas autodestructivas, enormes inconvenientes para acceder a un posto de traballo e, en xeral, demasiadas barreiras para gozar dunha integración social efectiva. Por iso, con motivo do Día internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o próximo martes, 3 de decembro, Podemos Galicia quere subliñar a necesidade de seguir traballando por un mundo inclusivo que acabe coa situación antes descrita, mediante o empoderamiento do colectivo e a defensa de accións lexislativas e políticas destinadas a acadar ese obxectivo.
“A Axenda 2030 da ONU céntrase en alcanzar un desenvolvemento sustentable e igualitario, sen deixar a ninguén atrás. E para non deixar a ninguén atrás é esencial e imprescindible contar coas personas discapacitadas”, asegurou hoxe a voceira de Diversidade de Podemos Galicia, María José Rodríguez.
“Os problemas para o acceso á información, as dificultades de comunicación, de mobilidade, a falta de atención á dependencia, os recortes na rehabilitación e en medios técnicos, o incumprimento de normativas tan importantes como a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, a falta de vontade política para realizar un ordenamento urbano accesible, etc, son algúns, só algúns, dos obstáculos coas que se atopa este colectivo a cotío”, emgadíu Rodríguez. A situación agrávase aínda máis entre as mulleres con discapacidade, que padecen una doble discriminación inxusta e intolerable nunha sociedade avanzada.
Pero hai que ir máis alá. Este 2019 a ONU quere destacar a necesidade de empoderar ás persoas con discapacidade. Podemos Galicia comparte completamente este obxectivo e lembra que este partido logrou que persoas con problemas de mobilidade e xordeira poideran chegar a ser representantes institucionais. Este é só o comezo. Debemos seguir avanzando para que na nosa sociedade sexa normal atopar a persoas con discapacidade ocupando estes perfís políticos ou cargos técnicos na administración ou en postos relevantes do mundo empresarial.
O traballo debe continuar. Hai uns días, un partido político de extrema dereita votou nas Cortes Valencianas en contra de mellorar a regulación das persoas con xordoceguera. Ante estas actuacións, debemos destacar o perigo que suponen as ideoloxías fascistas e supremacistas, que conducen á marxinación das persoas con discapacidade. O odio ao diferente que promulgan estes partidos fan crecer a discafobia de forma alarmante. Por iso defender cada un dos dereitos deste colectivo, por moi mínimo que sexa, e facelo de forma activa, é un deber daqueles e aquelas que cremos que un mundo inclusivo é un mundo mellor para todos e todas.