O violador es ti

Artigo de opinión A Nova Peneira
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi
Xoán Alonso. Correspondente de A Nova Peneira en Euskadi

“A culpa non era miña, nin onde estaba nin como vestía, o violador es ti, o violador fuches ti”.

Este é o estribillo da canción creada por catro mulleres chilenas do colectivo Lastesis para loitar contra a violencia que as mulleres sofren decotío e a favor dos seus dereitos.

En pouco máis dun mes estes versos traspasaron todas as fronteiras xeográficas ata converterse non himno mundial en defensa da muller e nunha labazada en todo o fuciño do patriacardo opresor.

O acoso na rúa, a falla de xustiza, a violación, o feminicidio, a impunidade do agresor e falla de empatía dunha sociedade que olla de esguello cando nos telexornais falan dun novo crime, dun novo asasinato ou dunha nova violación son algúns dos temas principais desta maxistral composición.

Unha obra mestra que fuxe de lirismos, de adornos estéticos e eufemismos para sinalar aos que nada fan, ou pouco facemos sabendo que esta loita tamén é nosa. O violadores somos nós.

O violador é o xuiz que nun enredo de palabras e malabarismos xudiciais sempre adoita dubidar do sangue, do silencio e das feridas da víctima.

O violador é o patriarcado en todas as organizacións sociais, políticas, económicas e relixiosas onde hai un desequilibrio evidente de poder sempre en prol do home, desfavorecendo e orpimindo á muller.

Os violadores son o estado e os partidos políticos incapaces de derrubar os muros do sometemento patriarcal. Incapaces de abrir un camiño real de igualdade entre homes e mulleres.

O violador é a sociedade que pecha os ollos cando asasinan a uha muller. Cando violan a unha moza. Cando escoitamos ao veciño bater na súa parella e subimos o volume do televisor. Cando dubidamos da palabra da víctima. Cando aplaudimos unha agresión ou colgamos unha medalla no peito do agresor.

Cando buscamos na víctima a culpa do sucedido. “ Matouna porque era súa”. “A culpa é dela por ir vestidade daquel xeito, provocando, coma unha puta”. “ A culpa é dela por beber máis da conta ou por sair da casa”

Non señores, a culpa sempre vai ser do agresor.

“ A culpa non era miña, nin onde estaba, nin como vestía. O violador es ti”.

O violador é o que non entende que non é non e que o silencio do medo tamén é non.

Dame noxo esta nova borralla de políticos e borregos que non entenden absolutamente nada e que mesmo se prestan a defender a barbarie.

Deixen dunha vez que medren as flores, ninguén quere coroas, ni ter medo a camiñar soas cando a noite engule as cores. Abonda xa de temores, pensando que a culpa é túa. O medo bate no fondo coma unha xiada de inverno, ou lume quente do inferno e percorre todo o corpo.

Seica o mundo esta xordo e non escoita os lamentos. O vento leva os berros. O tempo as voces silencia das que sofren a violencia e son batidas con ferros.

“ A culpa non era miña, nin onde estaba nin como vestía, o violador es TI.”