
Desta volta imos trascribir o relato de cómo o exército do rei castelán fixo entrada até o concello portugués de Castro Laboreiro e a oposición que atoparon do exército portugués no Porto dos Cabaleiros.
Dous días despois do relatado con anterioridade, corta feira 7 de agosto de 1641, mandou o Xeneral retirar a infantería para valerse dela con ocasión dunha entrada que determinava facer na vila de Salvaterra, deixando na campaña de Ponte Barxas, fronteira dos lugares de Padrenda, onde os galegos estaban fortificados, ó sarxento maior Simão Pita Porto Carreiro e ós capitáns Mathias Osorio, Rodrigo de Moura, Francisco Barbosa, Theodosio Barbosa e Antonio de Barros, para resgardar aquela parte da raia coas súas compañías.
As compañías dós capitáns Moura e Osorio ficaron resgardando o mosteiro de Feãens, da Orde do Cister, por orde do Xeneral dado o odio que o enemigo tiña a estes relixiosos, polo feito de seren fieis e leais o reino portugués dando información e avisos que redundaban en beneficio das armas portuguesas.
O exército do rei español xuntou un grupo numeroso para atacar ós portugueses, pero estes foron avisados por espias, así, o sarxento maior Simão Pita e o gobernador de Melgaço, preparáronse para a defensa. O nove de agosto ordenaron o capitán Antonio Barros que coa súa compañía se unira no Porto dos Cavaleiros á de Afonso de Castro, capitán de Valadares, para cortar o paso o enemigo. Foi un tal Cypriano Pinheiro de Queirós o que deu aviso do enemigo estar xa perto e do poderío que traía. Ordenouse prudentemente que os moradores dás facendas se retirasen do lugar.
O sarxento maior ordenou marchar a Infantería en número de trescentos soldados, có capitán do séu Reximento, dándose presa camiñaron duas legoas en menos de duas horas pola noite chegando o amencer. Antes deles chegar, o capitán Mathias Osorio viu como os capitáns Antonio de Barros e Afonso de Castro voltavan derrotados, foran envestidos polo enemigo durante a noite e víronse obrigados a retirada por verse en inferioridade.
O recibir os reforzos do capitán Mathias Osorio, envalentonáronse e contraatacaron. Envestiron o enemigo e matáronlle o capitán Don André e outros soldados que pelexaron con valor, máis finalmente retiráronse por prudencia o ver que o enemigo compúñase de máis de dous mil infantes e trescentos cabalos. Non quixeron seguir acometendoos por ser as armas portuguesas un tanto desiguais, sen embargo o enemigo non debeu querer seguir a pelexa por recelo de non estar ben informado do poderío portugués.
Con todo os españois lograron parte dos séus obxetivos, porque entrando coa súa retaguarda na vila e concello de Leboreiro saqueárono e queimaron todo, non sendo posible darlle socorro por estar o enemigo polo medio, ser os pasos estreitos e atoparse en inferioridade.
Foi unha sorte que grazas ao sarxento maior e séus capitáns ocupar aquel paso, porque si o enemigo o gañara, ficaba señor para saquear e abrasar o mosteiro de Feães así como os lugares de Paços, Chaveães, Lamas de Mouro e outros por máis de dúas leguas terra adentro. Inda así asaltaron o lugar de Alcobaça sen perdoar a ermida de nosa Sra., roubándolle todo o que puideron e matando a sangue frío dous vellos tolleitos.
Tendo o Xeneral novas do que pasara e vendo como a guerra por aquelas montañas da raia era tan brava e continua, mandou reforzos coas compañías dos capitáns Christovão Mauzinho de Vasconcelos, Martím Coelho Vieira e Amador Rodolfo, os cales foron colaborando coas outras compañías en múltiples encontros que se daban a diario co enemigo, sufrindo os grandes rigores daquelas montañas, de frío, fame e outras inconvenencias da guerra, sempre coas armas nas mans, de noite e de día, resultando o enemigo sempre con perdas e obrando con valor de portugueses xa experimentados, rebatindo o enemigo unhas vegadas de frente, outras con emboscadas, queimándolle os séus lugares, como eles fixeron ós de Soreira, Pella, Alcobaça da Galiza e outros, (chámame a atención o caso de se apelidar Alcobaça “da Galiza”, pois pese a estar en territorio portugués, naquela altura así se chamaba, actualmente pertenece a ferigresía de Lamas de Mouro e nalgún momento da historia deixou de así se apelidar).
Estaba ben “quente” esta parte da raia seca, por non ter o impedimento do río. Na parte galega do norte o exército tiña a praza de armas no lugar de Padrenda, fortificándose até Castro Leboreiro, con sete redutos ben defendidos por fosos, trincheiras, estradas encubertas, medias luas, etc., tendo unha guarnición no entorno de dous mil infantes e trescentos cabalos. Estaban ás ordes dós Mestres de Campo, Don Benito “de tal”, Don Fadrique de Valadares bisneto do portugués Francisco de Sá de Miranda, sarxentos maiores D. Francisco Solis e David Guerra, (este último fora catro anos capitán de arcabuceiros en Flandes, coa súa experiencia o pronto de chegar ascendeu a Mestre de Campo), e outros.
Con este poderío intentaron moitas vegadas invadir as terras do sul. Iso irritou ó Xeneral Gastão Coutinho que resolveu ilos desaloxar e forzalos a batalla. Para elo mandou entrar pola Portela do Homen a Vasco de Acevedo Coutinho, por Lindoso a Manoel de Sousa de Abreu, a idea era forzar a división do poder enemigo. O nove de setembro de 1641, entrou Vasco de Acevedo con catorce compañías repartidas, entraron na vila de Lobios e nos lugares de Mani, Barreal, Quintas, Cima de Vila, Zapateiro, Fondo de Vila, etc. Puxeron fogo ás casas e mataron o enemigo vinte homes, sen baixas propias.
Por Lindoso entrou Manoel de Sousa con mil homes, romperon ós contrarios no lugar de Copostela? coa morte dalgúns, saquearon e queimaron este lugar e os de Aceredo, Lobeiros, Vau e Buscalque. Por achegarse a noite recolléronse en Portugal e reabastecéronse. O día seguinte fixeron entrada por outros lugares pasando o vado do río Buscalque, alí atopáronse co exército enemigo defendendo a posición pero trala perda e morte de dez homes e ver que non podian resistir o ímpeto dos portugueses, emprenderon a retirada facilitando o saqueo e a queima dos lugares de Quintela, Lantimil, Illa e Entrimo, varias vegadas reedificado.
En Lamas de Mouro foi onde o Xeneral resolveu concentrar a maior parte do exército no lugar de Cubalhão. Chegaron os primeiros capitáns da zona de Braga coas súas compañías, João Pereira do Lago, Pero da Cunha Souto Mayor e Antonio Vieira. Fora no sete de agosto de 1641 que comezaron a percorrer a campaña até Lamas de Mouro, lugar veciño da raia, en número de mil homes, onde andava a cavalería do enemigo que a vista dos soldados portugueses fóronse retirando ás súas fortificacións sen presentar batalla, agás un grupo de mosqueteiros. Acometéunos a compañía de Christovão Mauzinho, socorrida pola compañía de Martim Teixeira, obrigándoos a retirada.
Na tarde do mesmo día apareceu o Xeneral recoñecendo a campaña, chegando unda a raia, perto dos cuarteis do enemigo, ben protexido con trinta de a cabalo, para designar o lugar onde faría alto a súa xente. Durmiu aquela noite en Cubilhão e no día seguinte, de madrugada marchou até Ponte Barxas……continuará.
Agradecemento ó Sr. Don Fernando Jorge Carbalho, natural do lugar dos Milagres, Monção, pola súa axuda na procura dos lugares xeográficos citados.
SUCESOS MILITARES DAS ARMAS PORTUGUESAS.
Doutor João Salgado de Araujo, Abade de Pera. Lisboa, 1644.
