Trixésimosexto fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Senlúa Arraiana

A TRANSFUGACIÓN DOS EGOS

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

Este trixésimo terceiro fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana

ChámomeSenlúa é son punta de lanza da resistencia arraiana.

“Somos as vosas nais, as vosas fillas, os vosos pais, fillos, curmáns, tías e avós, somos vos e vos sodes nós. Baixade as armas, mirade ao fronte, deixade o terror atrás e xuntémonos nun só pobo”- falou Terranova a través do megáfono exhortando ao exército de Arevaléfica a depoñer as armas.

Cantas cousas pasaron antes de chegar a este momento no que o exército de Arévalefica semellaba estar a punto de desmoronarse coma un castelo de naipes. Levo tantos días nunha axitación constante sen poder escribir no meu diario que agora non sei por onde comezar. Polo principio, claro, comezarei como mandan os canóns.

Unha pequena trifulca entre familias anatolianas foi o que nos levou a este salto ao baleiro de presentarnos desnudas ante os canóns de Arevaléfica. Quizás o impulso para o salto mortal xa se pergueñara coa traición de Tirofixo.

Non o sei. Nalgún momento fun consciente do meu erro de entender o conflicto como unha guerra entre pobos.

Tirofixo, unha veterana rebelde, virase atrapada nas coacción de Arevaléfica chegando a traicionar a Gatapardda con quen trabara unha sólida amizade. Parte da familia de Tirofixo fora reclutada para as huestes do terror. Fortes parentescos cruzábanse entre as milicias dun e outro exército. Está situación non era menor entre os arraianos, a pesar dos anos de exilio moitas de nós conservamos lazos familiares ou de amizade co pobo que quedou atrapado no terror da Colmea.

A trifulca que antes mencionaba, insignificante pero cargada de simbolismo, precepitou que caeramos na conta do noso erro estratéxico na confrontación contra a Colmea.

Era o propio pobo asoballado polo terror quen tiña que enfrontarse a Arevaléfica. Un pobo rescatado do pozo da ignominia, envalentonado e fornecido polos afectos recuperados coas familias rebeldes e co retornado pobo arraiano. Sigo caendo no error de falar de pobos distintos. O éxodo e décadas de exilio non fixeron máis que acrecentar e idealizar os lazos afectivos entre as que marchamos e as que quedaron atrás.

O protagonista da trifulca era un de esos persoaxes que son arrastrados polo seu ego famento coma un zombie en busca de putrefacto alimento. Desprovisto de ideoloxía e sen un ápice de capacidade para contruir non era máis que un espantallo itinerante entre a luz e a escuridade. Sempre co fanatismo do recén converso facía ostentación da súa nova pel e renegaba con profusión da pel mudada como se nunca habitará nela.

Ese fanatismo de conveniencia sacouno anonimato e trúxono ante min. Naquela falsaria faciana había algo que revolvía o meu esquecemento. Foi A Portela quen fixo fluir a miña lembranza de aquel desagradable homiño. Groman Palatino, así se chamaba o elemento.

Tiña un recordo nítido de aquel nome asociado a unha lembranza de cando era nena e os meus pais encabezaban as comunas campesiñas. Lembraba a miña nai preguntarlle ao meu pai porque sempre estaba o tal Groman Palatino pegado a el como un séquito real e de que se encargaba. A contestación do meu pai foi a que fixo de ancora na miña memoria.

-Encargarse? Nin para facer sombra! Ten máis utilidade o canciño de peluche de Senlúa. Aínda por riba de levalo pegado como unha lesma xa o sorprendimos máis dunha vez fachendeandose de ser alguén importante e querendo vender favores. -replicou o meu pai cun dexe de desprezo que nunca vira en el antes.

– Menos mal que a maioría o coñece e o ten por un espantallo porque senon podería facer bastante dano coas patrañas que vai contanto para aparentar ser alguén- rematou decindo con alivio.

Era pequena e aquela comparación co meu peluche resltoume moi cruel. Cadelña, a miña peluche autómata, era capaz de sentarse, ladrar e poñerse a dúas patas con só decirlle “ale hop”.

-Cadeliña está moi anoxada porque a comparedes con ese papavebas de Gromán. E eu tamén” -indignada expresei a miña solemne protesta.

Os meus pais romperon a rir e eu, malnterpretando as súas gargalladas, aparteime deles entre sollozos. Pronto viu o meu pai a rescatarme da miña mágoa coas súas oportunas explicacións.

Uns meses máis tarde, Gromán Palatino colaborou co golpe de estado militar para atrapar ao meu pai e asasinalo. Foi uns dos delatores que facilitou a captura de moitas das familias comuneiras. Non dubidou en traicionar á xente que lle dera acubillo con tal de que o recoñeceran como un adepto do novo orde, un fanático da Colmea. Enfundouse a librea do terror por uns azucarillos para o seu ego.

Concidíume acompañar a unha das patrullas cidadáns preto de onde se iniciou a alborotada tremolina. Se non tiveramos intervido a tempo, a veciñanza que rodeaba a Gromán Palatino estaba a punto de linchalo.

Aquel fantoche pretendía agora pasar por un adalid do pobo arraiano recriminando a algúns dos veciños o seu sometemento ao totalitarismo da Colmea. A veciñanza enervada polas recriminacións comezou a rodealo e lembrarlle o seu alevoso pasado de felonías.

Cando alcanzamos o tumulto e logramos separalo dos veciños a súa ropa estaba feita xiróns pero non tiña máis que algún estropicio na faciana. Pregúntome se de saber antes quen era tivera actuado igual ou deixaria que a xustiza correra pola man da veciñanza.

. .

Aínda estaba apaciguando á veciñanza cando achegouse a Portela atraida pola algarabía. Debeu recoñecer ao canalla porque viu directamente ata el e atizoulle tal golpe na faciana que o pobre diaño desplomouse entre os aplausos da veciñanza.

Apurei á patrulla para que se levaran a aquel guiñapo tembloroso de alí antes de que o descuartizaran. A veciñanza satisfeita quedouse inmobil observando como Gromán Palatino era arrastrado ás mazmorras da torre do terror.