O Concello financia as actividades do equipo de veteranos ‘Caldelas’

Convenio Ponte Caldelas A Nova Peneira

A formación de balonpé destina a maior parte do diñeiro ao pago dos árbitros

Ponte Caldelas, 28 de decembro de 2019

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, asinou o convenio de colaboración coa Asociación Cultural Veteranos Ponte Caldelas, a través do cal a administración local aporta a cantidade de 1.000 euros para os gastos do equipo de fútbol. O presidente da formación, Miguel López Pérez, explicou que a maior parte do diñeiro que reciben destínase ao pago dos árbitros. Grazas a aportación municipal, o equipo desenvolve a súa actividade na categoría 1ª autonómica veteranos cun custe mínimo para todos os apaixoados do mundo do fútbol que non entenden de idade para seguir desfrutando dun deporte que ten moitos adeptos a carón do Río Verdugo.