Ábrese o prazo de inscripción para o XIII concurso de maquetas Millo Verde

Millo Verde A Nova Peneira Concello de Redondela
  • Os traballos poderanse presentar entre o 20 de Xaneiro e o 1 de Marzo.
  • Os artistas seleccionados competirán por 500 Euros e un posto no Festival Millo Verde na final, o 4 de abril na “Feira do gando”.
  • A organización prevé novidades para a final aproveitando as novas instalacións do skate park e a pista de baloncesto.

Co tradicional obxectivo de dar saída a novas formulacións e promover os talentos máis frescos do panorama musical, a Asociacion Cultural Millo Verde de Redondela abre o luns 20 de Xaneiro o prazo de inscrición para o seu décimo terceiro concurso de maquetas. A fecha límite para a presentación dos traballos será o 1 de Marzo e poderanse inscribir todos aqueles artistas de calquera estilo que non teñan disco editado por un contracto discográfico. As bases completas pódense consultar na web www.milloverde.org ou nas redes sociais do Festival Millo Verde.

Millo Verde A Nova Peneira Concello de Redondela

Os membros da asociación escolleran un mínimo de dous finalistas que acompañarán a outros artistas invitados e diferentes actividades na final, que se celebrará o 4 de abril, como ven sendo costume, no recinto da Feira do gando, onde pelexarán para gañarse as votacións do público e así levarse o primeiro premio de 500 euros e o dereito a actuar no escenario principal do XIV Festival Alternativo Millo Verde en Xuño deste ano.

A organización augura novos entretementos para esta edición ante a posibilidade de utilizar tamén as cercanas instalacións do skate park e a pista de baloncesto.