Xuntanza Recollida dos RSU

Avante candidatura vecinal a nova peneira

Dende o Grupo Municipal de AVANTE! – Candidatura Veciñal queremos mostrar a nosapreocupación polo estado no que se atopa concesión da recollida e tratamento dos residuosno Morrazo. Este servizo fundamental para a veciñanza segue sen licitarse despois de dousanos de prórrogas A última conclúe no próximo mes de outubro, sen que se aprecienavances para a recuperación do servizo ou para un novo concurso público.

A situación agrávase pola pasividade demostrada nos últimos meses ante a absorción daconcesionaria en prórroga (Recolte) por Urbaser (propiedade do grupo ACS), e a solicitudede cesión deste contrato prorrogado por parte desta empresa.

Cando anunciou a intención de Urbaser de prestar o servizo en prórroga solicitamos aoPresidente da Mancomunidade (nese momento o Alcalde de Cangas, X.M. Pazos) uninforme da secretaría da Mancomunidade sobre a legalidade deste procedemento. A día dehoxe temos que denunciar que este informe non foi entregado.

Neste ano comezou un novo mandato na Mancomunidade coa Presidencia da Alcaldesa deMoaña, Leticia Santos. ​Reiteramos a petición do informe xa que cómpre coñecer alegalidade dese procedemento.

Agardamos que nos dous anos desta nova presidencia se reactiveo ente para superar aparálise e deixadez do mandato precedente. Por iso solicitáremoslle formalmente aconvocatoria dunha Asemblea Xeral da Mancomunidade​ para dar conta da situación naque se atopa a redacción do estudo para a recollida e xestión dos residuos do Morrazo, epoder avanzar cara unha solución consensuada entre as distintas forzas políticas.

É necesario modernizar o modelo do servizo apostando pola economía circular, eliminandoou reducindo de xeito significativo a queima (superando o modelo SOGAMA) e apostandopola compostaxe individual e comunitaria, que está a producir bos resultados nestes anosde implantación no Morrazo. En todo caso, estamos abertas a calquera mellora no servizo,pero hai que evitar novas prórrogas, é preciso facelo xa.