A alcaldesa agradece aos residentes a súa colaboración para levar a cabo esta actuación, valorada en 48.398,79 euros
Cangas, marzo 2023.
O goberno local licitou, mediante un contrato de servizos menor, o arreglo do chan nas rúas empedradas de Cangas. Esta actuación foi consensuada polo grupo de goberno coa veciñanza e persoas residentes neste entorno que demandan a subsanación da perigosidade derivada do estado das losetas e solicitan a reposición das pedras rotas ou en mal estado nas rúas do casco vello. A alcaldesa, Victoria Portas, agradece a colaboración veciñal nesta actuación
“Agradecemos á veciñanza a súa colaboración para levar a cabo esta reposición tan necesaria”, apunta a alcaldesa, Victoria Portas, que recoñece o mal estado no que se encontra o enlousado das estreitas rúas do casco histórico. A falla de persoal e medios para acometer os traballos con recursos propios leva ao goberno local a subcontratar a actuación a través dun servizo que a empresa adxudicataria prestará ao Concello ao longo de todo o ano, atendendo todas as demandas trasladadas polos residentes.