A empresa que xestiona a auga da Vila pretendía que o consistorio lle abonase a cantidade de 618.677€ e oxulgado ratificou que a contía que ten que ser abonada á empresa será de 266.606,36€, o que supón un aforro de 352.070,64€
Cangas ao 24 de maio de 2021
O concello de Cangas leva anos litigando coa concesionaria da auga en Cangas, todo comezou anos atrás coa intención da empresa de cobrar unha cantidade de 620.000€ por diminución nos ingresos dosanos 2017 e 2018, e á que o concello non estaba de acordo ao parecerlle unha cantidade esaxerada, ante esta situación a empresa optou por resolvelo xudicialmente.
Este venres día 21 recibíase a resolución desta demanda no consistorio, unha resolución que ratifica o que xa era coñecido polo concelleiro de Facenda o señorMariano Abalo, “que a empresa pretendía cobrar ao consistorio 352.000€ de máis,” e que agora coa sentenza xudicial pasa dunha primeira intención de618.677 á ratificada no xulgado de 266.606,36€ o que supón un aforro para o consistorio de 352.070,64€.
O concelleiro de Facenda Mariano Abalo acatará a sentenza como non pode ser doutra maneira e desta maneira conseguirá un aforro para as arcas municipais de máis de 350.000€, un diñeiro que nestes momentos é moi necesario, para axudar aos sectores máis danados por esta pandemia, que parece que por fin empezamos a controlar, e a que obrigará ao consistorio e sobre todo á concellería de Facenda que terá que facer esforzos extraordinarios para axudar á Cultura, ao Deporte, ao Turismo, á Hostalería e por suposto a todo o tecido empresarial.