Noveno fragmento do diario de Senlúa Arraiana

Sen lúa A Nova Peneira

TERRITORIO  DE AVESPAS

Cristóbal López A Nova Peneira
Cristóbal López Pazo | Comuneiro dos montes de Tameiga, militante de anticapitalistas, ecoloxista en acción e veciño constituínte da asemblea veciñal gañaMós

(Este noveno fragmento do diario de Senlúa Arraiana foi recuperado e adiantado ao noso tempo por Noitepedralonga, fiel camarada do avó da futura líder da resistencia arraiana).

Chámome Senlúa é son punta de lanza da resistencia arraiana. Hoxe, séptima xornada de marcha polos territorios rebeldes chegamos a unha das aldeas agrícolas preto da liña do fronte. Despois de varios días holgazaneando en Petra, resistindo ás veladas alusións das menestrais sobre a urxencia de contar con pobo arraiano para derrocar o réxime da Colmea, decidimos dividirnos en dúas misións. Ochamán e a escolta agás Gataparda volverían a raia do oeste para que o noso pobo acuda a cita co destino e tocábame a min xunto con Malatesta e Gataparda asegurarme que ese destino fora o desexado. Partimos as dúas expedicións o mesmo día, os nosos compañeiros cara o oeste e nós hacia o nordeste acompañando unha das caravanas de comerciantes que regularmente transportaban enseres e ferramentas aos poboados agrarios e retornaban  cargadas de grao. Usaban uns cuadrúpedos peludos e malencarados con dous grandes bultos no lomo.

Os mercaderes convidáronnos a viaxar montados en ditas bestas pero preferimos a seguridade dos nosos ciclosolares fora do alcance das dentelladas daqueles fétidos animais. Escollimos esta caravana porque a súa ruta achegábase moito ao frente e necesitamos saber de primeira man como discurre o conflicto bélico, se ten algún parecido co relato heroico e triunfal da capital. Cando chegue o noso pobo debemos ter un coñecemento exhaustivo da situación para tomar as decisións atinadas. 

Non sei se por sorte natural ou artificiosa unha comitiva de menestrais con destino ao cuartel avanzado integraban tamén a caravana. Entre elas atopábase a neta de Arúspice, quen pese a súa corta idade era considerada unha eximia estratega. Ela mesma presentouseme ao final da primeira xornada de viaxe. “Son Prusiana e agardo que a historia escriba o meu nome ao carón do teu”, foi a súa carta de presentación. Acostumárame ao xeito de falar das menestrais quen parecían pitonisas en constante anuncio de crípticos oráculos pero o estilo mesiánico de Prusiana atragantábaseme. A historia parecía querer autoplaxiarse e facer befa da humanidade. Neopopulismo postapocalíptico. De verdade pensa que con toda a súa verborrea liberal pode agocharme a súa sociedade de castas. Xustifícanse proclamando a meritocracia como pilar básico do seu sistema pero o ascensor social sempre ten colgado o cartel de averiado. O seu alabado Consello Supremo non garante a igualdade de oportunidades,  o seu propósito real é que nada cambie. 

O obxectivo é derrotar á Colmea pero debemos ir tecendo alianzas co algunha das outras castas. Pero cal? A casta militar controla os postos avanzados e os novos asentamentos, designa un cuarto do Consello Supremo que preside Arúspice pero a súa única ambición política é acumular poder. A casta agrícola conserva os seus costumes e usos comunais e o seu asemblearismo faino o aliado natural do noso pobo pero viven ensimismado nos seus clans sen integrarse no corpo político da capital. O tercio de representantes no Consello da súa casta é escollido por uns poucos campesiños da contorna da capital.

Estaremos uns días nesta aldea agrícola, Malaterra, para repoñernos do encontro de ontronte cunha incursión de avespas, así denominan aquí aos pelotóns de castigo da Colmea. Ao entrar a caravana no poboado, Malatesta máis eu despertamos curiosidade entre os lugareños que saíron a recibirnos, creo que o noso xeito adusto de vestir, sen abalorios, diferéncianos do resto da expedición. Quizás a curiosidade desemboque nunha simpatía mutua se chegamos a coñecernos máis. De momento podo dar fe da súa proverbial hospitalidade, en canto decatáronse de que traíamos feridos connosco rapidamente acudiron a socorrelos. 

Gataparda foi a primeira en ser atendida polos malaterreños. As súas feridas eran graves pero non mortais se eran atendidas por man experta. 

Grazas á audacia da nosa compañeira poidemos romper o cerco da emboscada que nos tendera un batallón de avespas. Sucedeu o quinto día de marcha, estábamos dentro da zona supostamente segura moi lonxe do fronte polo que a caravana non adoptara ningunha medida de seguridade, nin siquera adiantar un par de exploradores como lle reclamara a Prusiana e ela esbotara cunha mueca de soberbia. Botábase a noitiña enriba e estábamos buscando xa onde acampar e facer noite cando unha descarga de fusiles abateu aos camelleiros que encabezaban a caravana. Malatesta máis eu refuxiámonos nunha fenda dun gran penedo situado afortunadamente moi preto de nós a nosa dereita. Mentres observábamos como os demais integrantes da caravana conformaban un círculo usando ás bestas como parapetos puiden apreciar como Gataparda se agochaba nun denso matorral diametralmente oposto a nós. Ía comentarlle a Malatesta do perigo que corría a nosa compañeira nunha posición tan exposta cando decateime que era a única con posibilidade de escabullirse da emboscada. 

Nós estábamos seguros parapetados entre as rocas pero imposible movernos sen ser un branco doado e menos sen un fogo de cobertura. Despois da primeira ráfaga os disparos foron illados, tanto o enemigo como os nosos aliados estaban seleccionando o tiro para non malgastar a escasa munición. Alomenos ocurría con seguridade entre os camelleiros que contaban cunha ducia de fusís incluidos as armas automáticas das tres menestrais pero desprovistos de munición para resistir un longo asedio. As avespas non parecían contar con maior potencia de fogo pero as súas posicións elevadas no desfiladeiro cercándonos o paso conferíalles unha ventaxa táctica nada despreciable. Poñian moito esmero en non ferir aos camellos, era doado deducir que non se trataba dun simple escarceo, querían o botín completo e ás bestas vivas para transportalo. 

Nós portabamos dagas e ballestas pero agochábamos armas curtas e tres subfusís nas nosas mochilas. Acordáramos non amosalos para non dar a impresión ás menestrais de ser un pobo fortemente armado, o que podería despertar un receo prexudicial para os nosos intereses. De prolongarse moito o asedio obrigarianos a pór fin á nosa pantomima, pero Gataparda e a súa habilidade para camuflarse e acechar na escuridade deulle unha segunda vida ao noso ardid. 

Malatesta máis eu tiñamos unha visión franca da súa posición e poidemos advertir as súas señas avisándonos das súas intencións a pesar da escuridade. Ao poucos minutos escoitamos berros e disparos desde a posición enemiga que cortaba o noso avance. Tras uns intres en pavoroso silencio escoitamos o corno arraiano de Gataparda avisándonos de que o camiño estaba expedito. Sabíamos da súa habilidade coa catana pero desta superouse. Entre berros e señas acadei que Prusiana entenderá a situación. A caravana pusoxe en marcha cos seus fusileiros facendo un innecesario fogo de cobertura, xa que resto do pelotón de avespas decatouse enseguida de que a súa superioridade era historia e abandoaron as súas posicións fuxindo sen entorpecer máis o noso avance. E aquí estamos Malatesta máis eu ao carón do camastro onde está postrada a nosa malparada heroina agardando que esta non sexa a última demostración da súa audacia e determinación.