As campás de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez. Historia viva de Fornelos da Ribeira

Manuel Alfonso Estévez

(Escribo e soño que é o que mais me gusta)

Hoxe se me ocorre falar das Campás de Fornelos da Ribeira, aínda que despois de tantos anos de ausencia, digo eu, seguirán tocando, xa non sei si o Anxelus, as Ánimas, ou a os mortos.


Tampouco sei si aínda se toca a oración. So me lembro do tan, tan, tan.

Cando era un rapaciño, existían horas para soar as campás de 8 a 12 e de 3 a 9, e fora das horas, so se tocaba si fora necesario, como por un incendio,acto litúrxico, etc.


O oficio de campaneiro estaba xa en visos de extinción.

Fai moitos anos, era un rapaz cando o abade mandárame tocalas campás para o Rosario. Eu non sabía nada. Subinme o campanario e toquei como Deus me deu a entender.

Foi moi divertido.

Non era nada fácil ser campaneiro, había que subir o campanario e ter boa condición para mover o badalo. Agora ben, se gozaba de boas vistas, pois superados os 50 metros de altura,se prestaba un servizo a parroquia,que non estaba nada mal.

Hoxe se perdeu o interese por tocar as campás, cando se deberían tocar tódalas campás do mundo en contra do xenocidio ruso, contra Ucraína, incluída Armenia. Todas o unísono, sentindo que esas campás nos lembran outros xenocidios mais.

É algo verdadeiramente emocionante pensar que estas campás sexan un símbolo, que non molestan a ninguén, igual que as Campás de Madrid tocaron un 11-M, deixando 191 mortos e mais de 1.500 feridos.

Ah! E que dirán as campás da miña aldea de Fornelos da Ribeira, unidas as voces sonoras do mundo, Elevando unha pregaria o ceo?

Eu non podo entrar en mais detalles sobre as campás da miña aldea natal. Sería curioso o tema, porque, Crédeme! Sería o conto de nunca mais acabar.

E si das campás pasamos os campaneiros de oficio e os de afección,tal fora o meu caso, Que filón! Para ser explotado por unha imaxinación infantil, pero esquecendo do como, do cando, e de como se ha de tocar, porque tódalas campás, sen excepción repenican historia.