
Manuel Alfonso Estévez
“Un camiño para todos”
Estes días lendo A Nova Peneira, ¡A Nosa! A rehabilitación do antigo Centro Social, do Sindicato “El Progreso”, incendiado por mandato dun fillo de Fornelos da brigada político social, daquel triste momento da nosa historia, hoxe ben podería converterse en A Casa Da Cultura de Fornelos da Ribeira, recollendo as diversas asociacións sociais da parroquia civil e relixiosamente falando.
Aínda que tarde, pese a súa lenta recuperación, e de agradecer o presidente, Ernesto Groba González, da Comunidade de Montes en man común, e do Centro Cultural Solpor, tan loable labor, para albergar en A Casa Da Cultura De Fornelos, o centro de acollida cultural e social de tódalas actividades, como romarías e festas, actos culturais, servizos básicos, turismo e ocio, para obter excelentes resultados, entre as actividades humanas, modeladas pola paisaxe, confirmando zonas de cultivo, masa forestal, acceso a pistas polos rueiros de O Abelán, coa súa praia fluvial. A Pedra Pena, transformada en bosque de castañas que simboliza tempos de relevancia sagrada, e que na Galicia Máxica, encontramos a verdade da pedra e pena, cos castiñeiros, que algún día veremos de esplendoroso paisaxe de verde e frondosas castañas, con broche final na Carballeira das Fraguiñas; O Bulleiro, O Carrascal, O Casco, co cruceiro e capela Santa Rosa; Cima da Vila, A Cruz, A Fraga, As Fraguiñas, centro xeográfico, social e espiritual, Goiende, A Loña, A Mámoa coa Tapería Os Foxos (Restaurante). Martín, O Oural, centro deportivo de “El Progresista” de Fornelos, C.F., Pedra Piñeira, Rañe, co seu potencial agrario. O Rebaído, cos castiñeiros e cerdeiras; Enxembre, exemplo do desafío cooperativo da Axuda Mutua, Sá, A Seariña e A Xesteira mellorando a imaxe interna e externa de Fornelos, como reclamo do Ocio e Tempo Libre.
A rehabilitación do Centro Social de “El Progreso”, en A Casa Da Cultura, sería unha boa resposta social, para non morrer en silencio, como está a ocorrer coas demais actividades sociais, pondo en valor a potencialidade local, o entorno natural e a imaxe dun camiño para todos, sen caciquismos, en ben do Distrito de Fornelos da Ribeira, do Concello de Salvaterra.
A Casa Da Cultura, de Fornelos da Ribeira, sería o ideal para actividades formativas, culturais e sociais, a posta en valor do potencial agrario local, como a hortadoval@gmail.com [6].
En Tempo Libre e Ocio, para vivir a variada riqueza espiritual, Igrexa de San Xoán, capelas, cruceiros, eidos, muíños, folklore e música, xuntamente con actividades e costumes tradicionais, sendeirismo, sinalado e catalogado como de pequeno e longo recorrido (GDR e PR) de grande beleza natural e paisaxística.
As romarías e festas, con auxe popular, que serven para difundir información e sensibilización social, referente a espazos naturais protexidos, medio ambiente, posibilidades de acceso o ocio, vinculado as tradicionais romarías locais, captando as xentes da que non contábamos. Coa A Casa Da Cultura, en funcionamento, existiría a posibilidade de mellorar o Tempo Libre e Ocio, con o ambiente local, porque o obxectivo e poñer en valor o potencial local, recursos, cultura e patrimonio, no seu entorno natural, mellorando a imaxe de Fornelos da Ribeira, coidando, por exemplo, o medio ambiente, a concienciación social, actividades formativas, educativas e turísticas, como guías locais, aloxamentos tradicionais, restauración e servizos, e tamen cooperando cos veciños en gastronomía, como recurso e base fundamental para atraer visitantes, e dando vida a Fornelos e conservando a súa maneira de ser e entender
Por último, A Nova Peneira, a nosa, para dar a coñecer A Casa Da Cultura, que debera ser o medio para dar a coñecer o camiño de todas e todos, como alma daquel Centro Sindical “El Progreso” o novo xerme, da xente xove universitaria, para contribuír e non so ver a un lector baixo a Carballeira das Fraguiñas lendo un libro, escoitar música ou bailar soamente. Para algo mais debe ser.