A Coruña, 30 de xaneiro de 2020
A Mesa pola Normalización Lingüística felicita a Ikea pola inclusión do galego no seu web e anímaa a extender a incorporación da nosa lingua a todos os seu servizos, actualizando tamén á súa aplicación móbil e visibilizando nas súas tendas o catálogo impreso na nosa lingua. Marcos Maceira, presidente da entidade de defensa da lingua, asegurou que este avance é “froito da reclamación social” e recordou as mobilizacións realizadas o pasado outono na Coruña e as múltiples queixas presentadas a través de A Liña do Galego. “O galego é a única lingua oficial do Estado”, afirmou, “que precisa da acción social para ser visíbel”. “Na Mesa asumimos esta responsabilidade fronte a unha Xunta que abdica do seu deber legal e moral”, concluiu.
A Mesa pola Normalización
Lingüística é unha plataforma independente, plural e
apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do
galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera
idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a
poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos
ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e
discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se
respecte o seu uso individual e colectivo. Calquera persoa sensíbel
coa causa do idioma galego pode facer parte da Mesa, que coas súas
4000 socias e socios é a maior asociación cultural de Galiza. Todas
aquelas persoas que coñezan ou sofran casos de discriminación polo
uso do galego poden tramitar a súa denuncia a través da Liña
do galego.