David é un mozo de Redondela, que leva toda a súa vida no mundo do balonmán, o ano pasado decidiu formar un equipo de nova creación xunto cun grupo de nenas ás que leva adestrando xa desde moi cativas. Elas son AS CHOQUEIRAS DE REDONDELA ,e no seu primeiro ano de vida conseguiron a proeza de ser campioas da súa categoría
“REDONDELA TEN POTENCIAL PARA TER TRES EQUIPOS DE BALONMAN”
De onde es ti David?
Eu son de Redondela , aquí nacín, aquí fixen toda a miña vida ata o momento presente e agardo poder seguir facéndoa no futuro.
Es moi novo, aínda che queda moito
Agardo que si, ha ha ha, só teño 23 anos
Tes unha vinculación moi profunda co mundo do balonmán, cóntanos como comezou?
A miña nai é ex xogadora da SAR, cando tiña 5 anos leváronme a probar alí e desde aquela ata hoxe, o balonmán xa é unha parte indisoluble da miña vida.
Chegaches a xogar no primeiro equipo da SAR?
Si, tres anos con Carlos Rey de adiestrador.
Tamén estiveches no Chapela?
Si, tamén, pois o presidente Soto , que en paz descanse, ofreceume ser o coordinador da sección feminina , a proposta gustoume e aceptei. Estiven alí dúas temporadas, e quero dicir que Soto foi o mellor presidente co que nunca trabalhei.
Agora a túa relación co balonmán redúcese a adestrar, ou segues xogando?
Só adestro, pois a realidade da vida diaria ; adestro, son concelleiro e preparo oposicións ,facíame imposible compatibilizar todo.
Adestras a un novo equipo de rapazas, verdade?
Si, xa levaba varios anos con esa idea. Eu levo adestrando a estas nenas , que son 7, seis anos ininterrompidos. Sempre estiveron comigo, estiveron na SAR comigo, logo viñeron ao Chapela e están comigo neste novo proyecto.
Non debeu ser fácil construír algo novo?
Non, a verdade é que non o foi. Os trámites administrativos foron realmente complexos. Creo que autorización para competir chegounos o último día no que era legalmente posible.
Como se chama o equipo?
As Choqueiras de Redondela.
Cantas persoas forman o equipo?
Agora mesmo somos 14.
Sodes un único equipo, non?
Si, de momento si, pero con vistas a que o ano que ven sexamos, case seguro, dous
En que división xogastes?
Na segunda división infantil feminina.
De que ano son as nenas?
Son do ano 2.006, temos tamén algunha maior que por idade non puido competir pero estiveron con nós en todos e cada un dos momentos e eu agradézollo profundamente, desde o máis íntimo e profundo de min.
Os equipos que competiron contra vós de onde son?
De toda Galicia, malia que a nós por sorte tocounos un grupo de equipos bastante próximos.
O primeiro ano campioas, impresionante?
A verdade é que si, foi algo inimaxinable. Confésoche Tino, que cando comezamos a nosa ilusión era gañar algún partido, e fíxate, gañamos a liga. Só tiñamos 8 xogadoras dispoñibles, as 7 titulares e un cambio, fíxate se temas mérito.
Cales son as perspectivas de futuro?
Non rompermos nunca o grupo e podermos chegar a senior con este grupo, a miña idea é que estas nenas segan unidas ata que elas queiran. Sería marabilloso un grupo que collemos de benxamín e chegamos ata senior.
O tema do financiamento como o levades?
Grazas, sobre todo á xenerosidade dos pequenos establecementos comerciais de Redondela, aos que quero agradecer desde aquí a sua xenerosidade.
Os desprazamentos como os facedes?
En coches particulares, non queda outra.
Que tal se porta o concello con vós?
A relación co Concello é excelente, Nacho, o concelleiro de deportes pórtase moi ben con nós.
Redondela ten potencial para ter tres equipos de balonmán?
Eu penso que si, fíxate por exemplo ,a SAR este ano en infantil tiña 38 nenas, sacaron este ano 3 equipos femininos a competir. O balonmán en Redondela ten moitísimo tirón.
Consideras a posibilidade de que as Choqueiras sexan algún día Choqueiras e Choqueiros?
Home, todo se pode estudar, se existise moita demanda non o descarto pero nun principio a idea e ser só un club feminino.
Moitas grazas