Ecoloxistas en Acción Vigo: Cinco propostas para unha nova política de conservación das zonas verdes e a protección do Parque do Castro mediante a creación dun Bosque Urbano

Parque do Castro Concello de Vigo Ecoloxistas en acción A Nova Peneira

Nunha sociedade cada vez mais urbanita, cada vez mais afastada da vida rural, das aldeas e que realiza a maior partes das súas actividades cotiás nas urbes, a natureza urbana é esencial. Os espazos verdes urbans son a única oportunidade diaria de contacto dos cidadáns coa natureza, e aportan moitos beneficios ambientais e sociais que son básicos para mellorar a calidade de vida e o benestar dentro das cidades.

Está recoñecido a nivel internacional a importancia das árbores nos cascos urbanos das ciudades. Os servicios que dan as árbores son valiosísimos: producen oxíxeno, atrapan partículas contaminantes, reducen a contaminación auditiva, controlan a temperatura, protexen do sol e da choiva, propician a biodiversidade, dan sustento e refuxio á fauna urbana e fan a vida mais agradable ás persoas. Estudios científicos demostran que as árbores urbans teñen a capacidade de amortiguar as temperatura extremas entre 2ºC e 8ºC. En inverno ofrecen protección térmica e no veran ofrecen sombra e teñen a capacidade de refrescar o aire varios grados respecto a temperatura ambiente. Isto supón aforro enerxéticos de moitos hogares en aire acondicionado, economizando enerxía e contribuindo a reducir a pegada de carbono da cidade.

A flora urbana é un patrimonio natural de todolas cidadáns da cidade deVigo. A natureza urbana é riqueza, diversidade e saude. As árbores e as prantas das zonas urbanas son moi beneficiosas para as persoas e conforman a biodiversidade botánica da cidade, que da apoio e alimento á biodiversidade animal.

As herbas que crecen de forma espóntánea en xardíns, zona libres públicas, zonas verdes do concello e parques urbanos son unha riqueza medioamiental e social, e contribúen ó bienestar das persoas e a fauna urbana como paxaros, bolboretas e insectos polinizadores, tan beneficiosos para a sociedade. O continuo desbroce destrúe as flores, empobrece o chan e mata ós invertebrados dos que depende a cadea trófica da natureza urbana. Sen sementes nin insectos os paxaros quedan sen fontes de alimentación, e os pardais sufren unha regresión e comenzaron nos últimos anos a ser raros en moitos sitios do casco urbano. A flora vese comprometida polo desbroce de raíz e a fumigación das beirarúas, alcorques, zonas libres e xardíns con productos químicos nocivos como o glifosato para controlar durante mais tempo o crecemento das herbas. Os céspedes urbanos poden absorver 150 kg de CO2 ó ano por metro.

As ciudades verdes son mellor valoradas polos seus cidadáns. As árbores urbanas, as áreas con flores silvestres e os parques son moi apreciados por todos, dende a terceira idade ata as idades infantís, que precisan de zonas de xogo rodeadas de verde para a súa saude e crecemento. Os preocupantes niveis de enfermedades asmáticas e alerxias están moi relacionados coa calidade do aire a falla de zonas verdes nas ciudades. Moitos estudos demostran que as áreas verdes urbanas son moi beneficiosas coma terapia para enfermedades como a depresión, hipertensión, sobrepeso e estrés. A natureza urbana, as árbores verdes, as follas en outono, as margaritas no céspede e o canto dos paxaros fainos mais felices e vivimos mellor.

As ciudades verdes son mellor valoradas polos seus visitantes e son mellor valoradas económicamente polos que van vivir nelas. Un dos factores que incrementa o valor da vivenda é a existencia de zonas verdes. A paisaxe con árbores pode incrementar o valor dun inmoble nun 20%. As zonas de ocio e turismo conrnos naturais son moito mais visitadas e preferidas polos cidadáns.

Dende Ecoloxistas en Acción queremos proponer ó Concello de Vigo:

1. Proponemos ó Concello unha política integrada de respeto ó medio ambiente da cidade de Vigo, apostando polas áreas verdes en parques e rúas e apostando pola reducción do uso de tratamentos químicos. O beneficio é para a cidade e para ás viguesas e vigueses. O beneficio é para o medio ambiente e para a calidade da cidade. O beneficio é para suavizar a emerxencia xanitaria. O beneficio é para avanzar en medidas contra a emerxencia climática. A conservación de parques e xardíns, de árbores das rúas, da flora de beirarúas e espazos libre reporta beneficios para a saude e a calidade de vida das viguesas e vigueses.

2. Plan de manexo e conservación da flora e fauna da gran zona verde do centro do casco urbano de Vigo. Protección efectiva do Parque do Castro, do seu patrimonio natural, arquitectónico e histórico.

3. Reforestación do Parque do Castro para convertilo nunha gran área urbana verde. Construir un “Bosque Urbano de Vigo” no que se pranten árbores autóctonas e se realice unha restauración que convirta nun parque de referencia internacional dende o punto de vista medioambiental e cultural. Un gran bosque prantado por voluntarios no que creza unha gran carballeira e os nenos poidan observar especies autóctonas coma castiñeiros, bidueiros, pradairos, freixos, sobreiras, teixos e acibos. Especies que atraerán paxaros e fauna autoctona que ven desaparecendo da cidade nas últimas décadas: pardais, paporrubios, zorzais, verderóns ou andoriñas. Especies de árbores que devolverán a pasaxe de outono ós vigueses e viguesas, como ocurre en moitas ciudades europeas. Que podamos disfrutar dos ocres, bermellos e amárelos das follas do bosque autóctono. A proposta inclué a prantación de especies frondosas de porte mediano e de folla caediza polo paseo circular pola contorna da muralla do Castelo. Por último cinturones verdes de protección dos parques de xogos infantis e áreas biosaudables e no borde sur do aparcadoiro municipal de coches.

4. Acordo para construir unha cidade sostenible no que cidadáns, colectivos veciñais, colectivos medioambientais e administración colaboremos para que a vida sexa mellor. Proponemos á sociedade viguesa un pacto verde no que se priorice a conservación das zonas verdes do casco urbano e se melloren as zonas verdes periféricas e os parques forestais.

5. Priorizar o uso do Parque do Castro para peóns e ciclistas. Humanización e peanolización definitiva do paseo de Rosalía de Castro, eliminación dunha parte do asfalto para aumentar o paseo de terra e os xardins e habilitación do resto da zona asfaltada coma carril bici e para vehículos de emerxencia e municipais. Humanización do paseo dos Cedros e Paseo Cronista Xosé M. Álvarez Blázquez, priorizando o uso de bicicletas e peóns.

Mapa “Bosque Urbano de Vigo”

Proposta técnica para reforestación e restauración vexetal do Parque do Castro de Vigo.

DESCRIPCIÓN ZONAS ACOTADAS:

Gran Bosque autóctono da cidade de Vigo

Carballos, bidueiros, pradairos, castiñeiros, freixos (arbores de folla caduca) e sobreiras, teixos e acibos (árbores folla perenne).

Paseo arborado polo contorno da muralla da fortaleza do Castro

Paseo de peóns con árbores de porte mediano que proporcionen sombra durante o verano. Árbores de folla caduca que proporcionen luz durante o inverno e paisaxe de outono con tonos ocres (prátano, liquidámbar, gingko)

Cinturón forestal dos parques infantís do Castro

Cinturón verde de protección mediante a prantación de especies de árbores con folla perenne pata unha protección do vento, frío e calor durante todo o ano, libres de eirugas da procesionaria (sobreiras, teixos).

Cinturón verde para a protección do aparcadoiro do Bosque Urbano do Castro

Reforestación con especies frondosas autóctonas que regulen a temperatura e aporten sombra nesta zona situada en ladera de solana incluindo o aparcadoiro municipal de coches.

ENLACE AL MAPA:https://goo.gl/maps/KmJE7ELgnp8LZLdP6