Mes: Agosto 2020

Victoria Alonso voceira do PSdeG en Mos

Victoria Alonso, Viki, é a voceira dos socialistas de Mos, lidera o principal grupo de oposición ao partido popular local e é deputada provincial. Despois dun curso político de enorme intensidade tiñamos gañas de sentarnos con ela para coñecer a súa valoración da actualidade política. Velaí vai o que deu de si a nosa conversa.

Read More

Hobbybike Redondela

Na entrada de Redondela, na estrada de Vigo número 14 está Hobbybike, unha tenda de venda e reparación de todo tipo de bicicletas, tanto eléctricas como convencionais que está a piques de cumprir os seus primeiros 10 anos de vida

Read More

Fugas na democracia

Tras a saída de España do rei emérito, a maquinaria púxose en funcionamento para dirixir o foco cara onde quere que miremos. Pretenden convencernos de que o problema reside na conduta persoal de Juan Carlos I e non na existencia dunha institución, a monarquía, que non pode ter cabida nun réxime plenamente democrático porque elude o principio básico que o sustenta: todas as persoas somos iguais ante a lei

Read More

Contra a monarquía

Velaquí a nai do año. Este lema haino que proclamar na rosa dos ventos: contra a monarquía. Pensen como pensen, profesen a fe que profesen, voten a quen voten. Porque estar contra a monarquía lévanos a estar coa democracia. A realeza é o principal escollo para que un pobo exerza totalmente a súa soberanía

Read More