Mes: Agosto 2020

O misterioso caso do Partido Socialista Obreiro monárquico

Cando eu tiña a idade que ten agora a miña filla, catorce anos, devoraba con avidez as novelas de Agatha Christie. Encantábame mergullarme naquelas misteriosas viaxes imaxinarias creadas pola escritora inglesa de prodixiosa imaxinación, nas que , aos poucos ían agromando pistas que trataban de facilitar que o lector ou lectora puidese descubrir quen era a persoa que cometeu o asasinato descrito, antes de rematar a lectura do libro

Read More

Juan Carlitos o Numismático

De nenos tiñamos centos de cromos, e coa destreza propia dun crupier, pasabámolos dunha man a outra, mentres un compañeiro, en función de si o posuía ou non, respondía sipi, nopi sipi, sipi, nopi, nopi. Buscábamos onde fora os que nos faltaban para rematar canto antes a colección e comezar cunha nova

Read More

Protocolos e propaganda

O goberno do PP na Xunta de Galiza ten claro como vai abordar a xestión da pandemia no ensino e na sanidade: non pensa gastar un peso mais, non vai incrementar persoal sanitario e non vai contratar profesorado. Propaganda e “protocolos”. Esa é a receita para loitar contra a Covid-19.

Read More