Mes: Agosto 2020

Guadi Galego presenta o seu traballo” Immersion” en Redondela

Guadalupe Cribeiro, que se apelida como un dos meus poetas preferidos, de nome Xosé Alexandre, coñecida no universo artístico como GUADI GALEGO, é unha extraordinaria música do noso país. Ela é natural da segunda Cedeira máis bonita do mundo. Unha localidade de enorme beleza da comarca de Ferrolterra, que porén non pode competir coa nosa Cedeira de Redondela

Read More

O Festival Nigrán Jazz

Nos últimos días do pasado mes de xullo celebrouse a decimo cuarta edición do festival Nigrán Jazz. E como é tradición nesta casa achegámonos ata Nigrán a conversar con Felipe, o seu director

Read More

O deporte no Concello de As neves

O equipo de fútbol que leva o nome do Concello, despois dunha grande temporada acadou o ascenso ata a segunda división autonómica. Nós achegámonos ata AS NEVES e conversamos con Salvador, o seu presidente, para coñecer como encaran o presente ano e aproveitamos a viaxe para falarmos con Óscar, o concelleiro de deportes, para coñecer o máis salientable do deporte neste fermosísimo concello. As Neves é un concello que ten un encanto especial

Read More