Castelao en Arxentina (1940-1950)

Castelao en Arxentina (1940-1950)
Juan Óscar Otero Lago

Este ano cumpríronse 70 anos do falecemento de Daniel Alfonso Castelao e 80 anos da súa chegada, en segunda ocasión, á Arxentina. Dez anos, unha década de realizacións produtivas como narrador, artista plástico, dramaturgo e esencialmente como político desenvolvendo dentro de todas as súas facetas unha intensa actividade creadora.

“Inverno, xullo de 1940 . Outra vez volvo a Buenos Aires, teño a sensación que regreso para sempre. Cruzo o Río da Prata acompañado de moitos amigos, algúns exiliados e outros hastiados pola situación de enfrontamento en Galicia. Ás miñas costas deixo Montevideo e moitos amigos que cren que podo ser a salvación do meu país e de fronte, Buenos Aires, comezo a albiscar os grandes edificios dunha cidade que se converteu na principal metrópole de Sudamérica. Ao meu lado apoiando as súas mans na varanda da proa do barco está Virxinia, a miña compañeira, a estradense que hai 28 anos acompáñame neste desterro. Faltan dúas horas para chegar a porto e o meu recordo trasládase á miña infancia facendo este mesmo percorrido navieiro. Virxinia escoita o meu relato. Cos meus pais chegamos á Arxentina eu apenas tiña tres anos. Pensabamos ir a Rosario tiña uns tíos da miña nai pero o meu pai decidiu marcharnos á provincia da Pampa á paraxe “A Cruz colorada” departamento de Bernasconi. Nese territorio inhóspito naceron as miñas irmás Xosefina e Teresa. Que será delas? alá en Rianxo cargan co peso de ser as miñas irmás espero que non sexan castigadas.”

A ondada constante e o silencio fixeron que Castelao queda mirando as augas do ancho rio… 

Comentábache Virginia que alí, na Pampa, descubrín unha das miñas paixóns, a caricatura ..sabes? foi lendo unha revista que o meu pai comprábanme todos os meses era “Caras e Caretas” os seus debuxos foron tan emotivos que fixeron no meu o desexo de ser artista plástico. 

Non gardo un bo recordo da miña estancia na Pampa, diríache triste ao ver á miña nai con desexos de regresar a Rianxo, eses recordos de ambiente de polbeira, de gauchos bandoleiros, de coitelos e faíscas que se enfrontaban no salón. Regresamos a Galicia e chamáronnos indianos. Hai uns anos debuxei un cadro titulado “O emigrante “ creo que o levamos a Madrid . Virxinia responde- Si, lembro a figura dun home que estaba moi desleixado cunha expresión de tristura cunha paisaxe de montañas , casas, e a igrexa todo un pobo de romaría e recordo a un neno debaixo do horreo , quen era? Castelao responde- foi un minúsculo autorretrato sen darme conta vinme reflectido. Ser emigrante é o peor desterro. Os paradoxos do destino quixeron que ese neno, fose eu no desterro.

Placa recordatoria na entrada ao edificio onde habitóCastelao na súa estancia en Buenos Aires (Av. Belgrano 2605).

O barco “Arxentina” amarra na dársena e unha multitude de persoas está a esperar ao heroe da nación Galega, o símbolo vivinte dunha Nación que foi e será. Escóitanse gaitas e descende Castelao co seu longo abrigo negro polas escalinatas de madeira o 8 de xullo de 1940 . Luís Seoane, Alonso Rios, Suarez Picallo, Manuel Puente entre outros o estaban esperando. Irmán Daniel foi o saúdo de Segundo Pampillon alcalde de Mos que xunto a súa esposa Maruja Paz reciben o saúdo do ilustre visitante. Castelao logo de tantas expresións de agarimo e afecto partiu ao seu domicilio cedido polo seu amigo Manuel Puente na Avenida Belgrano 2605 piso 7º. 

A difícil situación económica que se atopaba fixo que fose aloxarse a unha vivenda prestada. Isto fai pensar que a súa decisión de manter vivo un ideal o levou a postergar o seu propio benestar. Na actualidade moitos dos que honran a Castelao depositando coroas no soe mausoleo non poden branquear a súa situación patrimonial e defraudan o Estado pola súa ambición desmedida.

Que propósito o trouxo a Buenos Aires? Exilio forzoso ou a idea de lanzar o seu proxecto político de liderar a Galiza Perfecta ou a Galiza ideal. Asume e é considerado a encarnación viva dos dereitos da Nación Galega. Ao principio con prudencia debido que chega a Arxentina como refuxiado político negándoselle a carta de cidadanía. 

Mentres tanto, o presidente arxentino Roberto M. Ortìz (1938-1942) finalizada a contenda en España recoñece ao Goberno de Franco e é designado como embaixador español o marques e Almirante Antonio Magaz y Pers. O goberno conservador desde entón lexitimou a posición dunha España fascista pero a cidadanía arxentina na súa totalidade repudiou ese achegamento. Os partidos políticos, o arco lexislativo de posicionamentos de centro-esquerda repudiaron actitudes do goberno por ese achegamento.

Pero Alfonso tratou de non manifestar e non inmiscuirse en temas de política arxentina A idea de Castelao era outra e o seu propósito era lanzar un proxecto político e entre os seus plans estaba o Congreso Nacional Galego en América ou máis coñecido como Consello de Galiza que estaba formado por deputados que respondían ao seu chamamento: Suarez Picallo, Antòn Alonso Rios e Elpidio Villaverde . Pero non todos estaban de acordo con ese Consello. Tamén a posición dos galegos que non puideron exiliarse, que pola súa clandestinidade non podían opinar. Tamén os exiliados que residían en Francia e en especial en México cunha orientación republicana pero centralista non consideraban a Castelao un líder indiscutible. O Consello de Galiza era netamente rioplatense e carecía doutras voces e outras propostas de carácter extracontinental. 

Monumento a Castelao no Hall do Centro Galego de Buenos Aires (Arxentina)

“ Os vellos non deben namorarse

En 1941 ao ano de instalarse Castelao en Buenos Aires convocou para protagonizar unha obra de teatro escrita por èl, a Fernando Iglesias (1909-1991) e Maruxa Villanueva (1926-1998). Iglesias máis coñecido como Tacholas, naceu en Ourense e chegou a Buenos Aires en 1929, onde realizou máis de 40 peliculas. Maruxa naceu en Lugo (Lousada) foi cantante e actriz, tamén colaborou nas actividades culturais dos emigrados galegos en Buenos Aires. Ambos formaron a compañía galega de comedia en Buenos Aires. Eles traballaron para a única obra de teatro escrita en Nova York e estreada en Buenos Aires o 14 de outubro de 1941 no Teatro Maio (hoxe desaparecido), tratábase da obra cuxo título era “Os vellos non deben namorarse” . Esta obra é froito da combinación de dúas sensibilidades: a literatura e a imaxinación. 

Castelao preparando as máscaras para a obra “Os vellos non deben namorarse”. 


Sempre en Galiza

O 10 de marzo de 1944 aparece nas librerías de Arxentina a obra transcendental do nacionalismo galego “ Sempre en Galiza”. Presentado no British Society no salón Prince George` s Hall na Cidade de Buenos Aires na rúa Sarmiento 1230. A colectividade galega, ademais de directivos de entidades nacionais, directivos de entidades galegas de Arxentina e Uruguai, fixéronse presentes para escoitar a Castelao na presentación do seu libro. 

Sempre en Galiza. Primeira edición (Buenos Aires, 1944)

A medida que o Quixote Castelao comezou a cabalgar polo mundo foi armando o seu tan prezado libro. Adro, é a introdución escrita en terras de Castela màs precisamente en Badaxoz. O libro primeiro, coa súa pluma convertida en pólvora, foi escrito en plena guerra civil na súa estancia en Barcelona e Valencia. O libro III foi escrito en Nova York e en distintos portos americanos do Atlántico durante a segunda a guerra mundial. Por último, o seu libro IV que aínda que non figura na presentación da primeira edición, merece destacarse por que se escribiu en Buenos Aires durante o goberno de Giral .
Sempre en Galiza é un texto dun gran valor histórico, non só para xustificar as aspiracións de Galicia senón para considerar e resolver o problema das nacións peninsulares Galeuzca: Galiza, Euskadi e Cataluña, xustificando o respecto a cada unha delas baixo un sistema federal.

Presentación de Sempre en Galiza (Buenos Aires, 10 de marzo de 1944)

Moitos quixeron silenciar este libro e ségueno silenciando, pero non se pode negar. Sempre en Galiza é un gran legado á cultura e ao pensamento galego escrito por un home que foi un gran escritor e un autentico líder político nacionalista respectado no mundo enteiro.

A derradeira Lecciòn do mestre 

Alfonso Castelao foi polifacético. Non soamente encara un proxecto político senón ademais enfoca os seus propósitos nun quefacer cultural sociolóxico, económico e artístico. Tamén atopou na pintura unha forma de denunciar as inxustizas do fascismo imperante. En Buenos Aires, pintou no ano 1945 “A derradeira Leiciòn do mestre”. É a obra pictórica máis importante de Castelao pola súa significancia política e artística. O home tendido no chan ao pé de dúas àrbores sen pólas e ante dous nenos con camisas brancas que choran no medio dunha paisaxe abatida. Pero quen era ese home que Castelao retratou? Era Alexandre Bòveda (1903-1936) quen tivo unha destacada actuación na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia. Foi fusilado o 17 de agosto de 1936 no monte Caeiro (Poio). Antes de ser executado expresou ”A miña patria natural é Galiza, ámoa fervorosamente , xamais a traicionarìa. Se entende o tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de norte recibireina como un sacrificio màs por ela”. Esta obra coñeceuse o 17 de agosto de 1945 nos salóns do Centro Ourensán (hoxe desaparecido), na cidade de Buenos Aires na Av. Belgrano 2196 con motivo do 9º aniversario do asasinato de Boveda. Castelao plasmou a denuncia màis brutal.

“A derradeira Leiciòn do mestre” (Buenos Aires, 17 de agosto de 1945)

Principio del formulario

Volve á miña memoria o conto de Manuel Rivas “A Lingua das bolboretas”: don Gregorio o mestre humanista liberal e republicano pregoaba o ensino laico e Moncho o seu alumno admirábao con corazón de neno e sentimentos contraditorios impostos por unha sociedade dividida. Cantos don Gregorio foron asasinados? Cantos mestres foros fusilados? Cantas cunetas e fosas que lembran homes e mulleres de guardapolvo e xiz? O número sorprende sesenta mil mestres foron fusilados en toda España segundo datos de Morente Valero no seu traballo de tese. Foron tantos os mestres desaparecidos que moitos pobos quedáronse sen eles e foron substituídos por sacerdotes e alférez do exército.

Ao ser presentada, a obra produciu un gran silencio entre os asistentes á mostra. Respecto polo artista Castelao e a súa denuncia que mostra unha clara visión de indignación polo cruel asasinato do seu amigo Alexandre Bòveda e por todos os asasinados en Galicia. En conmemmoraciòn de este brutal asasinato, lémbrase o 17 de agosto como Dìa dos mártires galegos. Esta obra hoxe atópase no Centro Galicia de Buenos Aires no terceiro piso e é visitada polo público en xeral e en especial polos alumnos do Instituto Arxentino Gallego Santiago Apostol.

En outubro de 2018, despois de 73 anos esta obra chegou a Galicia. O presidente da Xunta Alberto Feijoo expresou: “A necesidade da defensa da educación fronte ao fanatismo e que unha educación en liberdade é o medio para a promoción dos valores democráticos”. Creo que o Presidente Feijoo non entendeu cabalmente a mensaxe da obra de Castelao. Ao meu entender, a verdadeira lección que nos imparte Castelao é claramente que a crueldade descarnada daquela época marcou en forma indeleble a toda unha sociedade, da cal os nenos foron especialmente prexudicados, non coñecían o que significaba unha guerra e sufriron as consecuencias dela, Afixéronse á dor polas perdas dos seus seres queridos, neste caso representado polo seu mestre e cuxo rostro foi o de Alexandre Bóveda. 

Alba de Gloria

O escenario europeo modificara a súa estratexia. Os países do eixo foran derrotados e existía a esperanza que o réxime español ía ser empuxado polas forzas democráticas e polo rexeitamento da ONU na famosa resolución 39 que Arxentina xunto con algúns países latinoamericanos votaron a favor de España. Estas circunstancias obrigaron a Castelao a cambiar a manobra política e os ánimos del e de moitos outros decaeron. A saúde do líder galego comezou a debilitarse diagnosticándolle unha enfermidade terminal. Con todo seguiu mostrándose activo e o 25 de xullo de 1948 pronunciò unha magnifica peza de oratoria no Teatro Arxentino. Numerosas asociacións galegas fixéronse presentes ese día de conmemoración de Galicia e do Santo Patrón. 

Alba de gloria, foi o último discurso que pronunciou en público. É curioso que esta mensaxe pronunciouna en castelán se cadra porque entre os presentes había un nutrido grupo de vascos e cataláns con quen Castelao sempre sentiu o desexo de conformar a idea do Galeuzca.

Alba de Gloria é unha extraordinaria proclamación capaz de transportar a quen a escoite aos seus lugares máis amados e respectados. A súa voz e o auditorio fixeron soñar nunha viaxe interior nunha mostra de agarimo á historia e a quen a forxe. Este discurso representa o emblema da xénese do ser galego, lingua, territorio e cultura. 

Estatua de Castelao situada en Av. Independencia y Bernardo de Irigoyen; Buenos Aires, Argentina. 

Lápida pertencente ao nicho onde repousaron os restos de Daniel Alfonso Rodriguez Castelao desde o 7 de xaneiro de 1950 ata o 24 de xuño de 1984 ( Panteón do Centro Gallego, Cemiterio da Chacarita, Buenos Aires, Arxentina)

A calidade da súa obra producida no exilio, serve para reafirmar que a mellor obra de Galicia para Galicia xestouse no exterior: O himno Galego estreado o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana e a obra de Castelao Sempre en Galiza. Os dez anos de Castelao (1940-1950) na Arxentina, serviron para fixar unha nova perspectiva para Galicia no seu proxecto económico e político que aínda hoxe resta completar, a autodeterminación da nación galega