Sara Vera, escritora e futura xornalista de Redondela

Sara Vera, escritora e futura xornalista de Redondela

Sara é unha moza de Redondela de tan só 20 anos que pasa a súa vida entre a nosa vila e a illa de Fuerteventura. Ela está estudando xornalismo e acaban de publicarlle o seu primeiro libro. É un libro de poemas chamado “Soltar”.A obra tivo unha aceptación moi positiva no público, de feito está a piques de acadar a súa segunda edición. Sara ten unha visión do xornalismo que encaixaría moi ben en A Nova Peneira. Ela é unha persoa de profundo compromiso social que considera ao xornalismo unha ferramenta para darlle voz aos que non a teñen. En “SOLTAR” atopamos un conxunto de poemas de profunda intensidade na que a alma da escritora constrúe a súa visión lírica da realidade, que lle tocou vivir, buscando, como calquera persoa da súa idade, o seu encaixe na sociedade.

O único que me enche e soltalo todo”

Ti es aínda moi nova Sara, queremos coeñcerche un pouco?

Ben, eu nacín en Redondela. Cando era moi nena fun vivir a Fuerteventura e digamos que alternei períodos vivindo en Galicia con períodos en Canarias

Que che gusta máis?

Todo ten o seu atractivo, gústanme ambos sitios. Se cadra o clima da illa é algo máis agradable, para min, para vivir. Levo mellor o calor có frío.

En Soltar, o teu libro de poemas, hai un verso moi bonito, que me chamou a atención, no que dis :” eu son de moitas partes e de ningunha parte á vez”. Fai referencia a que pasas a vida en lugares xeográficos tan distantes? ou a algo máis?

Refírese á miña natureza de muller libre. Eu podo sentirme emocionalmente moi implicada con algunha localidade ou con algunha persoa, pero eu son libre. Non son de ningún sitio, e por suposto non son de ninguén.

Estás estudando para ser profesional nun sector moi relacionado con nós verdade?

Pois si, estou estudando segundo curso de xornalismo

E como ve unha futura xornalista, un sector socialmene tan relevante ?

Eu o que vexo tanto polas ilusións e desexos dos estudantes que me acompañan na universidade, como polo que nos tratan de transmitir as profesoras e profesores é que o sector precisa un cambio. A miña experiencia coa realidade que me rodea na facultade lévame a afirmar a miña esperanza no futuro. Estou segura de que van saír, da niña xeración, boas e bos xornalistas.

Un xornal no que nunca traballarías?

OK diario

Creo que vas facer unha reportaxe sobre un tema moi relevante para Redondela, verdade?

Pois si.Nunha das asignaturas encargáronnos facer unha reportaxe de tema libre ,e unha compañeira e eu escollimos facelo da fábrica de Regojo.

Que interesante¡¡.E xa tedes decidido o enfoque que lle queredes dar¡¡

Temos a intención de centralo nas loitas laboráis dos traballadores e traballadoras

Como procurades a información?

Estamos a falar con persoas que viviron aquelas circunstancias.Eu considérome unha persoa de elevado compromiso social e entendo que unha das función do xornalismo debe de ser darlle voz a quen non ten a oportunidade de tela.

Ben, e agora falemos da túa faceta de poeta?

A min gústame a escribir, de momento foi poesía pero non quero pecharme a otros xéneros

Es unha persoa escrupulosa cos formálismos métricos?

Non. Eu son máis de significados que de cuestión estilísticas, e as estruturas ríxidas poden supor unha limitación para expresar o que unha sinte e precisa expresar

A poesía, en persoas moi novas coma ti, soe agromar de experiencias persoais. No caso de “Soltar”?

No meu caso tamén. A min dame menos medo soltar o que penso que gardalo para min mesma

Cales son eses aspectos vitais que inspiran os poemas de “Soltar”?

Se cadra a miña experiencia persoal ante os sentimientos consubstanciais á especie humana cando me tocou afrontalos en carne propia

Que son?

A morte, o amor, o desamor, a amizade e as pequeñas cousas da vida que nos fan sentir ben

Es moi nova para ter que tratar coa morte

Xa, pero o meu pai faleceu hai dous anos e varios dos poemas dedícollos a el. A min, a poesía axudoume a levar o dó

Tamén hai algún poema no que falas da violencia exercida contra as mulleres verdade?

Si. Considero que esa situación é unha realidade horrible que hai que denunciar con contundencia. É a única forma posible de combatela. Asemade a educación aos nenos para que aprendan a convivir en igualdade, e que cando crezan non reproduzan comportamentos machistas, é moi necesaria e debe ser mellorada.

Se cadra o que máis chama a atención da túa poesía é a súa profunda intensidade?

Ese é un risco do meu carácter, si. Pódese dicir que eu son unha persoa moi intensa

E tanto :”Vivo rápido porque os meus sentimientos me aburren”

Ha ha ha ha.Non é que me aburra con facilidade pero sempre me gustou vivilo todo con moita intensidade

Pois moitas grazas Sara. Xa para rematar, para calquera lector ou lectora que lle interese, como se pode mercar SOLTAR?

Inicialmente por INTERNET. Aínda que se o encargas en calquera librería non creo que haxa problema en que cho pidan eles.