
Esta pandemia está afectando sobre todo a uns sectores que vense obrigados a reducir a súa actividade ou incluso pechar, pero que aínda así incorren nuns gastos fixos que sen estar abertos resúltalles complexo facer fronte. É por isto que, neste caso un deses sectores como é o hosteleiro, está reclamando apoio por parte das administracións.
Dende a bancada socialista tratouse que chegar a acordos co goberno local, propoñendo a creación de liñas de axudas para os autónomos e os máis afectados. Foilles imposible xa que a alcaldesa respondeulles que era inviable darlle 1.000€ a un autónomo porque non os ía axudar en nada. Por iso que critican o dobre rasero co que agora defende e fai gala dos case 222.000€ que a Xunta di que repartiu entro 127 locais mosenses, isto supón unha media de 1.700€ por establecemento.
Por outra banda denuncian que o único medio de apoio a este sector foi unha app na que os locais volcaran a súa información. Denuncian o feito de que este medio non se atope actualizado nin coas medidas restritivas anteriores nin cas que temos neste momento. Esíxenlle que si esta é a única medida de apoio que toman, alo menos que sexa útil para os usuarios dos locais. Ademais de que sexa unha app cunha información moito máis completa para que os usuarios atopen a máxima información posible.
A voceira socialista, Victoria Alonso, di que a hostelería mosense está nun claro caso de abandono por parte do Concello xa que non recibiron máis apoio que palabras de cara a galería na prensa. Convida o goberno municipal que inicie un plan de rescate municipal na medida do posible sen esperar ao que diga Feijoo, xa que incide na situación apremiante que están a padecer.