AER rexeita a oposición desnortada do partido popular de Redondela

AER agrupación electores de Redondela

O última ocorrencia da súa líder, Mari Carmen Amoedo, foi gravar sen permiso as oficinas municipais que o Concello ten en Chapela.

Coa suposta intención de denunciar que, nese momento, non había persoal nesas dependencias, Amoedo gravou co seu móbil, sen ningún tipo de rubor, os postos de traballo do funcionariado, onde hai información confidencial.

O vídeo que o Partido Popular difundiu en redes sociais recorda máis ao recente asalto ao Capitolio en Washington por persoas de ultradereita que a un comportamento propio dunha representante política democrática.

21 de febreiro de 2021.

O vídeo a día de hoxe segue colgado no Facebook do PP de Redondela e nese vídeo a voz de Mari Carmen vai relatando o que a cámara do móbil enfoca. Ela mesma di no vídeo que son dependencias municipais e que quere denunciar que, nese momento, non hai persoal municipal nas oficinas do Concello en Chapela. A voz é perfectamente recoñecible e, sen ningún tipo de escrúpulo vai enfocando todas as mesas e demais mobiliario das oficinas, onde efectivamente non hai ninguén que lle poida impedir o que é un flagrante exceso por parte de Mari Carmen Amoedo.

A sensación que transmite ese vídeo é moi similar á lamentablemente vivida no capitolio de Washington cando persoas de extrema dereita simpatizantes de Trump asaltaron o Capitolio e, entre outras barbaridades, gravaron cos seus móbiles documentación do Congreso dos Estados Unidos.

Dende AER criticamos contundentemente esta actuación que consideramos grave por varios motivos: está a desprestixiar o traballo de persoas profesionais, está violando o acceso a espazos que son reservados para persoal municipal debidamente autorizado, está a pór en risco información confidencial que alí está exposta o que mesmo pode atentar contra a normativa de protección de datos.

Dende AER esiximos á señora Amoedo que abandone este xeito tan rastreiro de facer oposición e que pida desculpas polo seu comportamento.