Marzo de sábados teatrais

Marzo de sábados teatrais

Enlace xenérico do ciclo:https://ecultura.net/ciclo-marzo-de-sabados-teatrais/

A pandemia global que sufrimos tamén afecta ao mundo da cultura, que debe reinventarse con iniciativas artísticas anovadoras.

Nesta ocasión XERPO tráenos unha proposta teatral compatible cos tempos de corentena; chamado “TEATRO CONFINADO”.

Linguaxes e códigos moi distintos entre si, que emerxen, mantendo a esencia teatral do directo, nun espectáculo online.

O público desde o seu sofá, nas súas casas, experimenta un espectáculo escénico ao vivo a través da, xa recoñecida , aplicación Zoom.

Por 1ª vez en Galiza e aquí no Porriño, gozaremos do que está sendo unha nova forma artística moi demandada xa en toda Europa, “teatro virtual”, “teatro na casa”, teatro de Salón” ou “TEATRO CONFINADO”.

En España, esta singradura foi iniciada polo prestixioso teatro madrileño La Abadía, xerando unha verdadeira “carteleira” de teatro online en directo, con obras como “La Teoría de la Pelvis” de Alberto Cortés e Rosa Romero, que agora tamén podemos gozar na nosa carteleira;

Ciclo de Sábados teatrais

MARZO DE SÁBADOS TEATRAIS”

PEZA TEATRALDATAINSCRICIÓNHORARIO
GREGOR-E (estrea)6 de marzoDo 1 ao 5 de marzo21:00 h
#InterferenciaVarada13 de marzoDo 8 ao 12 de marzo21:00 h
La Teoría de la Pelvis20 de marzoDo 15 ao 19 de marzo21:00 h
A Comuna da IngrávidaDía Mundial do Teatro27 de marzoDo 22 ao 26 de marzo21:00 h