O prezo desorbitado de 2400€ de custo por persoa interesada en ir limitou tanto a participación que so se apuntaron dous veciños. Este prezo débese a que o hotel onde se hospedaron unha semana era de alta cualificación, con spa incluído.

Por outro lado, aínda que se leva falando desta viaxe máis dun ano, á oposición nunca se lle comunicou nin datas aproximadas de visita nin se lles convidou a participar na viaxe unha vez confirmada. En cambio, por parte do PP viaxaron 3 representantes subvencionadas polo
Concello.

Queremos lembrar que no ano 2008, gobernando o PSdeG-PSOE de Mos, ofrecéuselle a opción a cada grupo político de acompañar cun representante á expedición que foi celebrar o 90 aniversario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, e precisamente foi a actual alcaldesa, Nidia Arévalo, a que aproveitou a oportunidade para viaxar.

As súas formas non son novas, pois sempre que pode decide desprezar á oposición con estas decisións, facendo que eventos de representación plurais e con diversidade ideolóxica sexan acaparados sómente polo PP.
A alcaldesa crea distancias maiores entre nós no municipio que as que temos con Arxentina.