Unidas Podemos pregunta no Congreso por que non se executaron as obras orzamentadas fai dous anos da N-550 en Mos

Gómez Reino A Nova Peneira

• Gómez Reino: “Queremos coñecer o motivo polo cal estas obras tan necesarias para salvagardar aos usuarios da N-550 non se puxeron en marcha, a pesar de ser orzamentadas”

•Román González: “É un auténtico despropósito, e unha falta de respeto a veciñanza, que pasen os gobernos e que o único que se faga neste asunto sexa publicidade populista. A veciñanza de Mos afectada precisa dunha solución de maneira urxente”.

Sábado, 10 de xullo de 2021

O Grupo Parlamentario Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, rexistrou unha pregunta no Congreso a iniciativa de Antón Gómez Reino, logo de manter varías xuntanzas co concelleiro de Mos e voceiro provincial de Podemos, para coñecer a causa da non licitación e execución do proxecto de remodelación da intersección da Estrada N-550 ao seu paso por Louredo, no municipio de Mos.

Esta obra respondería a unha demanda veciñal de fai anos para permitir o xiro na estrada a Pombal, Pantaño e San Gregorio, así como cambios de sentido garantindo a seguridade desta vía. En maio de 2019, o Ministerio de Fomento remitiu este proxecto ao Concello de Mos e anunciouse unha dotación de 711.418,47 euros, IVE incluído.

Ata a data, este plan nunca se chegou a executar de maneira que os problemas de seguridade continúan na actualidade, como denunciou a xestora “Afectados N-550”. Ademais, nesta zona xa se produciron varios accidentes de tráficos e ata tres mortes. Nos últimos accidentes tiveron que intervir equipos sanitarios con traslado aos hospitais pola gravidade dos feridos.

No documento xa rexistrado no Congreso, Unidas Podemos pregunta tamén polas previsións do Ministerio de Transportes sobre a execución deste proxecto, tanto en materia orzamentaria como de planificación temporal das obras.

O deputado Antón Gómez Reino, e o concelleiro de Mos e voceiro provincial de Podemos, Román González, insistiron na “urxencia” de abordar estas remodelacións na N-550. “Temos que dar resposta a esta demanda da poboación de Mos que mira alarmada o perigo da vía. Queremos coñecer o motivo polo cal estas obras tan necesarias para salvagardar aos usuarios da N-550 non se puxeron en marcha, a pesar de ser orzamentadas”.

Primer comentario

Deixa a túa opinión