
Posta en funcionamento do ascensor que conecta as distintas planta do Centro Social As Pedriñas. Deste xeito resólvese os problemas de mobilidade das comuneiras e comuneiros con dificultade para moverse.
O coste das obras que ascendeu a 45 mil euros foron sufragadas pola Comunidade de Montes de Tameiga coa colaboración da Obra Social da Caixa.
Coa instalación dun ascensor que conecta as distintas plantas do centro social As Pedriñas, a Comunidade de Montes de Tameiga satisface unha demanda das comuneiras e comunieros con mobilidade reducida.
O ascensor conecta a sótano do auditorio coa primeira planta onde se ubican as oficinas e talleres, pasando pola planta baixa onde se atopa a cantina. Esta actuación, cun importe de 35 mil euros e que está encadrada no plan de melloras do centro social, foi costeada con fondos propios da Comunidade de Montes de Tameiga e contou coa colaboración ca obra social de A Caixa.