Farruco Sesto é un intelectual de enorme solvencia. De profesión arquitecto e de devoción poeta e contador de historias .Farruco naceu en Vigo e como tantas familias do noso país, a súa tivo que sufrir o cancro da emigración e procurar gañar a vida con dignidade nun sitio diferente ao que lle viu nacer, pois en Galicia non existían as condicións necesarias para que os seus fillos e fillas puidesen desenvolver un proxecto vital Na súa terra. Con 18 anos emigra a Venezuela e xa desde moi novo simpatiza coa esquerda política do seu país de adopción asumindo unha militancia activa que lle levaría a ser ministro de culturano goberno do presidente Hugo Chávez. Na actualidade desempeñaa funcións diplomáticas no consulado venezolano na cidade de Vigo, e nós tivemos unha moi extensa conversa con el na que charlamos sobre o pasado, o presente e o futuro do chavismo
“VENEZUELA É MOITO MÁIS DEMOCRÁTICA QUE CALQUERA DEMOCRACIA EUROPEA”
“A OPOSICIÓN EXERCE DE AXENTE COMERCIAL DO IMPERIALISMO”
Ti naciches en Vigo. Como chegaches a Venezuela?
Ben, porque a miña familia emigrou alí, e eu tamén fun no ano 1.962 con 18 anos acabados de cumprir.
Cal foi o motivo da emigración da túa familia?
A ninguén lle gusta deixar o seu país, e xeralmente cando o fai é porque non encontra unha saída vital e non lle queda outra que buscala fóra. Tanto o meu pai como a miña nai eran anti franquistas, pero o motivo de deixar Galicia non foi político senón económico
Eu creo que deixar o teu país para buscarche a vida noutro, porque no teu non podes, xa é en si un motivo político?
Indiscutiblemente
Que facían o teu pai e a túa nai?
O meu pai era avogado de profesión, pero debuxante de corazón, e a miña nai era mestra
Cando chegas a Venezuela no ano 62, que tipo de país encontras?
Un país distinto. Caera hai pouco a ditadura de Pérez Jiménez e comezou unha democracia representativa na que quen tiña máis forza era Acción Democrática, un partido social demócrata pero moi dependente do imperialismo dos estados unidos
Estás falando do goberno de Rómulo Betancourt?
Si. Eles comezaron con moita represión contra as forzas populares. De feito as mocidades de Acción Democrática abandonaron o partido e forman o MIR, que logo xunto co PC acabaron na guerrilla. Cando eu chego había unha situación social moi crispada, pois existía moita contestación popular á política de represión de Betancourt
E a situación económica?
Existía unha pobreza estrutural enorme que, ata o momento da chegada da revolución bolivariana era permanente.
Estás dicindo que desde principios dos 60, que chegas ti a Venezuela, ata que se comezan a notar os primeiros efectos da política bolivariana,case 4décadas despois, a situación de pobreza estrutural foi permanente e continua?
Si, dígoo con rotundidade.
E nestas 4décadas que políticas se desenvolveron?
Pois houbo unha alternancia entre a socialdemocracia e o social cristianismo
Algo Parecido a que hai aquí entre o Psoe e o PP?
Si, pero en versión de alá. Ambos partidos estaban ao servizo da oligarquía económica e do imperialismo
O nivel de oposición social que observas cando chegas, seguía existindo con tanta intensidade?
Si claro. O chavismo nútrese dunha herdanza de loita social de moitos anos
E ti estes anos que fas?
Eu estudei arquitectura, e traballei en moitas cousas. Funme relacionando con xente moi interesante que contribuíron a formar o meu pensamento
Entre eles Celso Emilio Ferreiro verdade?
Si, eu coñecino persoalmente
Que tipo de persoa era?
Un home encantador, e extraordinariamente divertido
Como te vas iniciando na práctica política?
A través dos distintos contactos. Exiliados republicanos españois e venezolanos de esquerdas fan que aos poucos vaia construíndo un espazo mental que simpatiza coa insurxencia. Acabo por contactar cun dirixente revolucionario moi importante chamado Alfredo Maneiro. Esta persoa tiña unha das mentes máis lúcidas das que eu coñecín na miña vida, e foi el quen me captou para a política. Eu comezo a militar no seu movemento chamado Causa R, que agora está na dereita. Cando se funda o PSUV eu xa me incorporei
Alfredo Maneiro morreu moi novo verdade?
Si, tiña corenta e poucos anos, pero tivo unha importancia extraordinaria na revolución bolivariana. El tiña amigos comúns con Chávez, que os presentaron cando este era un militar moi novo. De feito , o presidente Chávez falaba de Alfredo como unha influencia moi relevante na construción do seu pensamento político. Así mesmo eu estou seguro de que Alfredo soubo transmitirlle acougo e paciencia ao presidente, que como sabes era un estratego, pero tamén un home de impulsos.Aos poucos vaise xestando un movemento insurreccional no que a unión do militar coas organizacións sociaistivo un papel fundamental.
Que papel xogou o caracazo?
O caracazo foi unha explosión espontánea de ira popular fronte aos abusos do imperialismo e o liberalismo. O presidente Carlos Andrés Pérez reaccionou de maneira salvaxe e a represión foi superlativa. Houbo centos de persoas asasinadas. Aínda que o goberno recoñeceu 400 mortos, distintas investigacións independentes sitúan a cifra en máis de 3.000.A partir dese episodio dramático bastantes persoas consideran que se dan as condicións necesarias para a insurxencia, e é cando se dá o alzamento de 1.992
Por que non triunfou?
Era moi difícil, pero eu creo que resultou. Cando Chávez chama á rendición en TV, pronunciou un discurso que mudou a historia. Ese “ por ahora” que pronunciou Hugo Chávez foi o xermolo do posterior triunfo bolivariano .A tensión que produciu na sociedade venezolana foi moi grande, e o presidente Caldera entende que o máis adecuado é soltar aos militares, entre eles a Chávez
Que fixo logo Chávez?
Foi cando manifestou o seu desexo de descender ata as catacumbas do pobo
E baixou ata o máis profundo?
Si, sen dúbida .Mergullouse ata o máis profundo dos barrios máis pobres dedicándose a coñecer ao seu pobo. Decide entón que a vía armada rematouse e prepárase para as eleccións
As primeiras en 1.998?
Correcto. E xa as gaña coa promesa de re fundar a República sobre a base dunha nova constitución participativa
Como reaccionou a oligarquía económica cando Chávez gaña as primeiras eleccións?
Ao comezo tratou de envolvelo para gañalo para os seus intereses, pero enseguida, vendo que iso non era posible, empeza a dispoñer todas as súas forzas en contra del
Cal era a situación social cando chega ao poder?
A porcentaxe de pobreza superaba o 70% da poboación total. Desas persoas un número elevadísimo estaban en situación crítica
É dicir; literalmente tiñan fame?
Si, literalmente. E non só iso, había millóns de persoas que non tiñan ningún tipo de rexistro de identidade. Pódese dicir que non existían para o sistema e non podían acceder a ningún tipo de axuda. O analfabetismo era elevadísimo
E o outro 30%?
Pois un 20 e pico por cento era clase media. Profesionais tipo médicos ou avogados, comerciantes, pequenos industriais,e logo estaba a oligarquía
Esa oligarquía era a que explotaba os inmensos recursos económicos de Venezuela?
Esa oligarquía era a que, aliada coa clase política, saqueaba os recursos do país. Era o que nós chamabamos burguesía parasitaria, unha clase totalmente improdutiva. Fíxate , Venezuela tiña unha débeda exterior elevadísima e fóra do país había depositado diñeiro privado que multiplicaba por seis o valor total da débeda externa de Venezuela.
E que trata de facer o goberno chavista para modificar esa situación tan horrible?
O primeiro é executar o que chamou : “Plan Bolivar” que consiste en que o exército, tanto tropa como oficiais, se poñan a traballar cóbado con cóbado coa poboación civil que tiña dificultades, cos pobres, para axudarlles a mellorar as súas condicións de vida. Esa situación xa lles xenerou, á burguesía parasitaria, moita intranquilidade, algo que se multiplicou cando o presidente anuncia a súa intención de redistribuír a riqueza de maneira máis xusta.
Esta planificación a que obxectivo final estaba enfocada?
A modificar o sistema económico para que evolucionase dunha economía rendista a unha economía produtiva
Que resultados ten esta nova política?, e cal foi a reacción maioritaria nas clases populares?
No que se refire aos resultados dicirche que a inmensa maioría do pobo nin en termos materiais, entendéndoo como unhas condicións de vida digna, nin en termos de dignidade espiritual e moral nunca na nosa historia chegou a acadar uns índices de desenrolo tan elevados. O IDH ( índices de desenrolo humano) disparouse. En canto ao apoio, pois dicirche que foi máis que masivo. Se Chávez non morrera e se a indecente política de bloqueo económico que estamos sufrindo non tivese existido, a dereita do noso país non tiña posibilidade algunha de gañar nunca máis ningún proceso electoral. O pobo de Venezuela por vez primeira percibe que o goberno trata de construír un sistema baseado na xustiza social e non na defensa dos intereses das minorías millonarias. Fíxate, desde o ano 1.999a República convoca 25 procesos electorais xerais, dos que as forzas bolivarianas gañan23. Creo que para quen non estea cego e teña interese en ver pois debe quedar clara a natureza da nosa democracia
Que lle dirías a quen define como fraudulentos eses procesos electorais?
Pois que ou ben menten conscientemente ou ben están sendo enganados. Todos os procesos electorais do noso país foron supervisados por distintos organismos internacionais, entre eles a fundación do ex presidente norteamericano J.Carter e foron avalados na súa limpeza de maneira inequívoca
Jimy Carter chegou a definir as eleccións venezolanas como as máis limpas do mundo, creo recordar, non?
Non exactamente. O que dixo foi que o noso sistema electoral era dos mellores do mundo.
O chavismo tivo algún problema en recoñecer a derrota nos dous procesos electorais que perdeu?
Non, claro que non. Nós somos demócratas e cando perdemos, como non pode ser doutra maneira, recoñecémolo
Que tes que dicir sobre a hipótese que defende que o presidente Chávez foi, en realidade, asasinado?
Eu non a descarto. E de feito gustaríame moito que fose obxecto dunha investigación rigorosa e independente
Sen Chávez, o chavismo pode desaparecer?
Non. O Chavismo chegou para quedarse. Naceu para combater contra a desigualdade, contra a pobreza estrutural e contra a explotación do home polo home. E esa pulsión que procura a xustiza social xa está inserida na psique colectiva das mulleres e homes bolivarianos. Estou seguro de que o imperialismo nos agredirá de todas as maneiras que sexa capaz. Estou seguro de que teremos que superar mil e unha pedras no camiño, pero dígoo con rotundidade absoluta: O chavismo non vai morrer
Antes falabas de que os resultados das políticas do presidente Chávez foron inicialmente moi satisfactorios para a poboación .Porén, a imaxe, que os medios de comunicación transmiten da Venezuela de hoxe, é pouco menos que a dun país en estado de cataclismo social e económico. Que tes que dicir ao respecto?
Estamos pasando por dificultades serias si. E as causas non son fáciles de explicar de maneira sintética. Dicirche que o imperialismo desenrola un novo modelo de agresión global contra os estados que lle resultamos molestos, pois non aceptamos sermos o seu patio traseiro no que poidan facer e desfacer ao seu antollo. Este tipo de guerra xa non é con bombas como fixeron en Irak , senón que consiste en afogar economicamente ao seu inimigo ata o punto de que non lles quede outra opción que agachar a cabeza e ser sometidos. Ese proceso de agresión é o que está a sufrir Venezuela no momento presente.
Podes pór algún exemplo concreto dese proceso de agresión que describes?
Todos os activos venezolanos no estranxeiro foron literalmente roubados. Todas as empresas foron literalmente roubadas. E todas as transaccións económicas do estado venezolano son literalmente bloqueadas.
Como é iso do bloqueo. Imos ver; eu teño unha pequena empresa de comunicación, se asinase un contrato publicitario co estado venezolano, tería problemas?
Non poderías recibir o pago do servizo porque bloquearían os cartos e ademais a túa empresa sería agredida ata ser afundida en pouco tempo.
Pois o problema é gravísimo e ten moi difícil solución. Eu francamente non son capaz de vela
Non é un problema é un crime. Só hai un camiño para saír que é a xeo política internacional. Europa ten que ter a valentía de asumir unha posición autónoma diferente á dos EEUU. Os resultados electorais en Arxentina, Bolivia e Ecuador abren unha porta á esperanza da creación dun espazo sólido e denso en América latina que sexa capaz de manter a dignidade e a independencia fronte ao agresor imperialista. E, ao noso xuízo a situación de EEUU como única superpotencia que pode facer e desfacer no mundo está nunha vía de decadencia e nalgún momento terá que rematar.
E a oposición?
A oposición non sirve para nada. Só son os axentes comerciais do imperialismo
Ata cando poderán aguantar co Adynaton do “ presidente encargado”?
A figura retórica coa que describes a situación , referente a unha situación absurda, é moi adecuada pois supera, o caso Guaido, calquera límite da cordura. Un tipo que non foi elixido por ninguén, que non se presentou a ningunha elección é recoñecido como un suposto “presidente encargado” por quen pretende darnos leccións de democracia. É absolutamente delirante. É como se a realidade non importase
No ano 2.011 o xornal El Mundo publicaba unha reportaxe na que te vinculaba a ti a un episodio de corrupción. Que nos dis daquela acusación?
Todo aquel que me coñeza e vexa como son, como penso, como vivo e onde vivo, saberá que todo iso é unha infamia. Non hai absolutamente nada de certo. Os xornalistas que publican ese tipo de cousas non son profesionais serios senón mercenarios da pluma, que despois reciben premios da oligarquía económica.
Venezuela é unha democracia?
Venezuela é moito máis democrática que calquera democracia europea.
A oposición venezolana pode desenvolver a súa actividade política con liberdade sen temor a sufrir ningún tipo de represión?
Rotundamente si.
Leopoldo López e Juan Guaidó defenden unha Venezuela libre e democrática?
Leopoldo López e Juan Guaidó defenden os intereses da oligarquíaparasitarialocal, que a súa vez defende os intereses do imperialismo.