NORFERT Guillarei

NORFERT Guillarei

O UNIVERSO DO MÁRMORE NO BAIXO MIÑO

Norfert é una marmorería de Guillarei que traballa con materiais coma mármore, granitos ou silestone. Eles están a carón do Centro Cultural da súa parroquia. Dedícanse sobre todo a produción de mesados de cociña, baños, banzos, rodapés, fachadas, baldosas, lápida…. E Norfert é un exemplo de como a vontade e o esforzo pode pór en marcha unha empresa moderna capaz de producir un produto de enorme calidade en condicións de competir con calquera outro do mundo. Norfert dá de comer a 8 familias pois ese é o número de persoas que traballan nesa empresa, e polo esforzo das persoas que nela están, polo seu talento e pola calidade e competitividade do seu produto merece o máis inmenso dos éxitos. Nós erguemos simbolicamente a nosa copa para brindar con eles por unha viaxe de 1.000 primaveras máis para a súa empresa. Para saber máis sobre o seu traballo achegámonos ata Guillarei para conversar con Norberto, o seu xerente e vello amigo da nosa casa.

Norberto, fálanos un pouco da historia desta empresa.

Esta é unha empresa relativamente nova, fundámola no ano 2014. Eu traballa noutra empresa de marmorería neste sector. Pechou pola anterior crise, e decidín montar esta empresa.

Aquí somos oito persoas traballando, comezamos desde cero e pomos todo o noso esforzo para que esta empresa funcione e tire cara a adiante.

NORFERT Guillarei

Que facedes exactamente aquí, que producides?

Facemos todo tipo de traballos no mármore e no granito que vai desde os mesados de cociña, rodapés, baños, baldosas ou fachadas, pero o que máis elaboramos son banzos, aquí somos máis produtivos. Traballamos para particulares e tamén para outras empresas. Nós mercamos a chapa xa cortada do espesor que precisemos para a elaboración das pezas que nos encarguen e de aí ata o montaxe encargámonos de todo.

Como está o voso sector neste momento de crise sanitaria?

Temos algo menos de carga de traballo, situación derivada da Covid19, pero seguimos traballando. Non se nota tanto coma nas crises de anos anteriores. Coma foi por exemplo a do ladrillo, pero si que se percibe. A economía está sufrindo e hai moita xente de ERTE ou sen traballo e iso nótase nas vendas deste ano.

E como vós afectou esta situación, tiveches que pechar nalgún momento?

Nós só paramos as dúas semanas de abril do ano pasado nas que todo parou por orde do goberno estatal, pero despois traballamos sempre. Tampouco tivemos a ningún empregado de ERTE, aquí capeamos o temporal con todos traballando.

E eses quince días de peche obrigatorio, o estado compensou con algún tipo de axuda económica?

Non, de momento non. Estes quince día correron a cargo das empresas e dos traballadores tendo que devolver esas horas non traballadas. Non sei como será se nos volven a obrigar a pechar, pero ata o de agora non recibimos axudas de ningún tipo.

E a saída que ten o voso produto, é no mercado galego, español, europeo ou internacional?

Estamos enfocados a tódolos mercados, desde o galego ata o internacional. O material que nós elaboramos expórtase fóra, pero non co noso nome. Traballamos para outras empresas que son as encargadas de exportar o noso produto.

Tes pensado para o futuro producir algo novo, innovar ou abarcar outro tipo de mercado?

Isto tiñámolo pensado, investir en maquinaria nova para producir outro tipo de pezas e destacar en outros produtos que por aquí hai menos empresas que o fagan e, agora mesmo, non podemos producir, pero claro, con esta situación de crise sanitaria témolo todo parado. Non é momento de investir, non sabemos o que nos espera este ano.

Cóntame como é a túa valoración da relación co concello , coa xunta e coa administración estatal.

Non podo opinar porque ata o de agora non recibín nada de ningunha, o noso sector seguiu traballando e non necesitei pedir axudas.

Si que tivemos que facer un protocolo Covid ou cursos de prevención , pero estes cargos van a conta das empresas e por isto non hai axudas. Si que hai un tipo de axuda por baixa facturación, pero nós non cumprimos os requisitos para solicitala, así que de momento non teño nada que obxectar porque non necesitei pedir nada.

Agora fálanos do futuro de NORFERT, tes fillos? se os tes, tes a empresa tela pensada para as seguintes xeracións?

Teño fillas e espero que no futuro a algunha lle guste este sector e poida seguir coa empresa pero de momento aínda é moi cedo para que saiban a que se quedar dedicar. Elas son pequenas e eu teño aínda 41 anos e síntome moi novo ¡. O que pretendo e poder traballar e que a cousa siga a que nos xubilemos sen ter que buscar outra cousa ata que chegue ese momento.

Moitas grazas Norberto pola túa conversa.

Moitas grazas a vós.