Letras Galegas 2021, Xela Arias

Xela Arias Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de festa no noso país iniciado no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a todas aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano dedícase a unha persoa diferente, escollida pola Real Academia Galega, e un dos requisitos para poder optar a este recoñecemento e ter falecido polo menos dez anos antes da homenaxe. Desde a instauración desta celebración, soamente en 1998 houbo unha dedicación conxunta aos poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho.

A data da celebración, o 17 de maio, débese a que este mesmo día, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra “Cantares Galegos”, da gran Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do ” Rexurdimento” ou renacemento cultural de Galicia. Este día é festivo en Galicia e este ano esta dedicado a unha brillante muller chamada Xela Arias, poetisa, escritora e tradutora dedicada a docencia nos últimos anos da súa corta vida.

Xela Arias comezou a súa andaina pola vida un 4 de marzo de 1962 en Sarria, Lugo. O nome que lle deron os seus proxenitores Amparo Castaño López e Valentín Arias López,non foi Xela, senón María de los Ángeles.

En 1984 María de los Ángeles pasou a ser María dos Anxos, pero desde os seis anos chamárona sempre Xela e no ano 1995 conseguiu que un xuíz autorizara o cambio de nome e así pasou a ser Xela Arias Castaño.

Ata os sete anos estudou na Granxa Barreiros, nun proxecto cunha orientación agraria e integración da cultura galega cos ciclos da natureza. Posteriormente trasládase a Vigo coa súa familia, ingresando no Instituto Castelao situado no barrio do Calvario. Deixou os seus estudos cando estudaba COU, para empezar a traballar en Edicións Xerais de Galicia, en 1979, ano de fundación da editorial, xunto a Xulián Maure Rivas e Roberto Pérez Pardo. Primeiro traballou como empregada de oficina, despois na creación e investigación, e entre 1990 e 1996 como correctora e editora.

Xela non só formaba parte De Edicións Xerais de Galicia, xa desde o ano 1980 cando apenas alcanzaba a maioría de idade, empezou a publicar en xornais e revistas como A Nosa Terra, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Xornal de Noticias do Porto, Dorna, Tintimán, Carel ou Katarsis. Colaborou tamén en publicacións como Festa dá Palabra Silenciada, Luzes de Galiza ou no Boletín Galego de Literatura e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución.

Xela Arias Día das Letras Galegas

Entre tanto tamén comeza a súa introdución no mundo literario en 1986 con “Denuncia do equilibrio”, un poemario innovador. Con esta obra deuse a coñecer e logrou ser finalista do Premio Losada Diéguez. Neste mesmo ano ingresou na Asociación de Escritores e escritoras en Lingua Galega.

Xela Arias tamén escribiu relatos, algúns dos cales pódense atopar dentro da obra “Contos eróticos/ Elas” de 1990. Ademais, no ano 1991, colaborou co desaparecido grupo de rock vigués Desertores, rexistrando as letras dun dos seus discos, con cancións baseadas nos seus poemas. Foi tamén neste mesmo ano cando decide retomar os seus estudos e cursou Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose en 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela, e iniciando a especialidade en galego-portugués.

Nin o seu traballo, os seus estudos e os seus escritos foron impedimento para que Xela pensase na súa vida persoal e decidise casar co fotógrafo e matemático Xulio Gil Rodríguez en 1992, con quen tivo en 1994 ao seu único fillo, Darío. Tres anos despois do nacemento do seu descendente, en 1996, publicou “Darío a diario”, onde ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia como nai, cunha lectura da maternidade afastada da visión tradicional e desde o cotián.

A súa obra poética deuse a coñecer tamén a través de libros colectivos como “Palabra dá muller en 1992” ou “Daquelas que cantan,Rosalía na palabra” de once escritoras galegas en 1997. 

Nos anos 1999-2000 comezou a exercer como profesora substituta de ensino secundario, na materia de lingua e literatura castelá, en institutos de Santa Comba, Moaña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo para rematar os seus últimos anos de vida como docente en diferentes vilas de Pontevedra, como Chapela, A Guarda e Vigo.

Ademais da súa faceta poética, Xela Arias dedicouse amplamente á tradución ao galego de diversos autores como Jorge Amado, Camilo Castelo Branco, James Joyce, James Fenimore Cooper, Wenceslao Fernández Flórez, Carlos Oroza, Gianni Rodari, Roald Dahl, Juan Farias, Miguel de Cervantes, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys.

O 1 de novembro do ano 2003 Xela Arias falece moi noviña, aos 41 anos de idade, nun hospital de Vigo debido a un ataque cardíaco e foi enterrada no cemiterio Pereiró de Vigo.

Xela Arias supuxo un modelo para novas xeracións. Participou en recitais poéticos ligados á contestación política e social, como o que tivo lugar en 1982 contra a entrada de España na OTAN, ou en 2002 en solidariedade coas persoas afectadas polas consecuencias do afundimento do Prestige no MARCO e outro coa Plataforma contra a Burla Negra, organizado por ela xunto co escritor Xosé María Álvarez Cáccamo en febreiro de 2003. Ese mesmo mes de febreiro e en marzo leu unhas declaracións nas manifestacións que houbo contra a Guerra de Iraq. Co músico Fernando Abreu estaba a preparar un espectáculo poético musical sobre a súa obra “Intempériome”, que non puido chegar a realizar e este mesmo e último poemario foi editado o mesmo ano da súa morte por Miguel Anxo Fernán Vello.

A súa obra contribuíu á renovación da poesía galega, co tratamento de novos temas e un estilo moi persoal e cualificado de vangardista. Foi precursora do boom literario feminino que se deu na poesía galega nos 90, xa que moitos temas e características formais das poetas dos 90 aparecen xa nos seus primeiros poemas publicados nos 80. Ao non existir unha clasificación rotunda por parte da crítica literaria para as poetas desta época, adóitese adscribir a Xela Arias á corrente de “poesía de muller”, xunto a poetas como Yolanda Castaño, Olga Novo ou Enma Couceiro, dado que boa parte da súa obra aparece nos anos 90.

Xela Arias foi proposta en dúas ocasións para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas nos anos 2015 e 2016, pero foi finalmente para este ano 2021 cando por fin vai ser homenaxeada, coma ben se merece.

En 2018 a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación creou o Premio Xela Arias que recoñece o seu traballo como tradutora. A finais de decembro dese ano, o pleno do Concello de Redondela acordou denominar a biblioteca municipal de Chapela como ” Xela Arias”, parroquia onde ela exercera como profesora. En xuño de 2019, continuando co recoñecemento á escritora, o IES de Chapela onde exerceu como profesora inaugurou un grafiti cun verso do poema Independenciaː “Independénciomepara que eu saiba onde quero estar atada

En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o seu Día dás Galegas nas Letras. A Sega, escolleu o día 15 de agosto para celebrar cada ano a figura dunha muller sobresaliente da cultura en xeral e da literatura en particular.

Unha muller sobresaliente, brillante, comprometida e innovadora era ela. Mágoa que a túa vida se truncase tan cedo e o teu falecemento nos privase da túa magnifica obra, ata sempre Xela.